_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Industria confirma a concesión de 240.000 euros para segunda fase da remodelación da Praza de Abastos

O Concello de Vilagarcía recibiu hoxe a confirmación da axuda solicitada á Consellería de Industria para financiar a segunda fase da reforma da Praza de Abastos. A achega acada os 240.000 euros, un dato que o Concello esperaba concretar con exactitude para poñer en marcha a actuación. De feito, tan pronto se tivo coñecemento da confirmación, o alcalde fixou data para presentar o proxecto da obra aos vendedores do mercado municipal. Será o martes pola tarde no mesmo edificio de Abastos.
25.03.2015- A concelleira de Mercados, Rocío Llovo, dou orde xa esta mañá de que se comece a convocar a todos os vendedores da Praza de Abastos para o acto a celebrar no primeiro andar do edificio a partir das sete e media da tarde. A hora elixiuse co obxectivo de que poidan asistir todos os vendedores sen que elo inflúa na súa actividade profesional nin altere a actividade do mercado público.

A presentación das reformas que se pretenden levar a cabo a través desta actuación correrá a cargo do alcalde, Tomás Fole e da concelleira de Mercados, Rocío Llovo, que estarán asistidos polo Arquitecto Municipal para aclarar posibles dúbidas técnicas. O proxecto darase a coñecer a través de proxección audiovisual.

Cumprimento dun compromiso

Antes, o Concello e a Consellería de Industria asinarán o convenio de colaboración que formalizará a achega dos 240.000 euros da Xunta en dúas anualidades de 120.000 euros a abonar nos exercizos 2015 e 2016. Con este convenio o titular de Insdustria cumpre o compromiso adquirido hai uns meses durante a súa visita á Praza de Abastos da cidade.

A segunda fase da reforma e modernización da Praza de Abastos de Vilagarcía precisa dun investimento de 750.000 euros. O Concello xa dispón dos 240.000 euros confirmados pola Consellería de Industria e está á espera de que se resolva a subvención solicitada á administración Estatal. De esta dependerá a suma final que lle tocará poñer ao Concello.

A execución da obra non corre ningún risco xa que o Concello dispón de 550.000 euros para financiala. Estes cartos corresponden aos 200.000 euros previstos no Plan Municipal de Investimentos de 2015 máis os 350.000 reservados inicialmente nos orzamentos para amortizar o Plan de Pago a Provedores correspondentes a 2015. Dado que este pago das amortizacións foi aprazado este ano por decisión do goberno Central, o alcalde anunciou no seu día que o montante destinaríase integramente á reforma da Praza. Non obstante, canto máis financiamento doutras administracións consiga, máis reducida será a achega municipal, que poderá destinar o resto dos cartos a outros investimentos no municipio.

Con este proxecto, o Concello completará a reforma e modernización da Praza de Abastos de Vilagarcía actuando sobre a ala oeste e o primeiro andar do edificio histórico, e tamén sobre a nave que actualmente alberga os postos de venda de verduras e hortalizas. Os detalles das obras daranse a coñecer o martes na reunión cos vendedores do mercado municipal.

Proxecto prioritario para o goberno local

Executar a adecuación da Praza de Abastos é un proxecto prioritario para o goberno de Tomás Fole que, unha vez saneadas as contas municipais, estivo en condicións de impulsar a actuación reservando fondos locais no Plan de Investimentos deste ano. O executivo considera imprescindible e moi necesaria a obra para seguir dinamizando o mercado municipal e o comercio de proximidade, un dos motores da economía local, así como para que vendedores e consumidores dispoñan dunhas instalacións dignas e axeitadas para a venta dos produtos que se ofertan na Praza.

Seguindo esta liña, xa o ano pasado se conseguira unha subvención para financiar o proxecto de reforma dos postos exteriores e unificación de imaxe dos módulos que na primeira fase só se rehabilitaran por dentro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -