_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello cursou o ano pasado 18 reclamacións de danos en mobiliario municipal a causa de accidentes de tráfico

Os accidentes de tráfico xeraron o pasado ano un total de18 reclamacións de danos cursadas por parte do Concello. Trátase en todos os casos de danos causados en mobiliario urbano que debe ser reposto ou reparado e cuxos custes debe abonar o responsable do accidente. Farolas e sinais de tráfico son os bens que saen peor parados.
04.03.2015.- Das 18 reclamacións que tramitou o Concello por danos consecuencia de colisións ou saídas de vía, 7 delas foron polo estrago de outras tantas farolas do alumeado público. Tamén as sinais de tráfico ou indicadores de lugares son elementos que sofren con frecuencia o impacto de vehículos, xa que outras 4 das reclamacións correspondían a obxectos deste tipo.

O apartado de bens malparados por accidentes complétase pola reclamación de danos nun bolardo, unha árbore, un contedor de lixo, un espello, unha carcasa de semáforo e ata nun banco de pedra.
O trámite que se segue para realizar este tipo de reclamación de indemnización por danos é sempre o mesmo. Cando se produce un accidente de tráfico con destrozos en mobiliario urbano municipal, a Policía Local remite un informe ao departamento de Consumo que se encarga de iniciar o expediente de reclamación. Para elo, é preciso contar co orzamento de reparación ou compra de material de reposición que se lle require ao servizo ou servizos municipais encargados de reparar a situación (Obras, Electricidade, medio Ambiente, Xardíns...).

Unha vez que se conta co presuposto, a reclamación remítese á aseguradora do Concello que ten que contactar soa compañía do seguro do responsable do accidente. No caso de que esta acepte a reclamación, prodúcese o reembolso ao Concello mediante ingreso ou cheque. Pero pode darse o caso, de que a asegurado do afectado denegue o pago dos danos, situación que pode darse por diversas razóns como que a póliza non cubra ese tipo de asuntos. Nese caso, unha vez comunicada a denegación, Consumo remite todo o expediente ao avogado do Concello para que inicie a reclamación pola vía xudicial.

O Concello arranxa ou repón os bens danados de inmediato sen esperar á resolución da reclamación.

Hai que ter en conta que non todos os accidentes de tráfico os cursa directamente a Policía Local. Hai casos, como por exemplo cando de produce unha alcoholemia positiva, que o atestado remítese directamente ao Xulgado, polo que a reclamación de danos correspondente xa se inclúe no proceso xudicial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -