_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O concello inicia a licitación das obras do campo de fútbol de Bamio coa publicación dos anuncios oficiais

Logo de solventar os problemas técnicos que presentaba o proxecto, o Concello iniciou o proceso de licitación das obras do campo de fútbol de Bamio coa publicación dos anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia. O vindeiro luns sairá no DOG e nas seguintes xornadas, no BOP. A partir da última publicación as empresas interesadas na realización das obras terán 26 días laborais para presentar as súas ofertas. Os planos e pregos de condicións poderán ser consultados no “perfil do contratante” desta mesma páxina.
17.12.2014. O prezo base de licitación é de 475.426,18 euros (IVE incluído) e o prazo de execución, de tres meses dende a adxudicación do contrato.A tramitación é ordinaria e o procedemento, aberto. Os licitadores poderán presentar variantes ou melloras ao proxecto, redactado por unha empresa especializada en recintos deportivos deste estilo, e en concreto sobre a mellora da acometida eléctrica e a instalación dun marcador electrónico.

De acordo coas bases das axudas da Deputación provincial de Pontevedra, o concello deberá xustificar o investimento deses 475.000 euros antes de que conclúa o ano 2015. En ningunha das cláusulas desas bases figura que teña que estar licitado antes do 31 de decembro de 2014, como se pode comprobar no BOP número 44 do 5 de marzo de 2014 ( http://www.boppo.depo.es/es ). A Deputación simplemente aconsella que a licitación sexa antes do 31 de decembro, pero iso non impide que se poida facer nunha data posterior.

As obras de mellora no campo de fútbol de Bamio consisten basicamente en dotar ao actual campo de céspede artificial, mellorar a iluminación do recinto e dotalo de sistema de rega e drenaxe e distintos elementos para a práctica deportiva como porterías para fútbol 11 e fútbol 7 e bancadas para os equipos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -