_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os vilagarciáns poderán disfrutar de “Holy night, noite de paz?”, a película de Juan Galiñanes, en cinco sesións no Salón García

Os vilagarciáns poderán gozar este sábado e domingo, en cinco sesións, da proxección da película de animación “Holy Night, noite de paz?”, que dirixiu o cambadés Juan Galiñanes e produciu Dygra, antes de que os dereitos do film pasaran a Abanca, que agora a presenta ao gran público. O prezo das entradas é de 4 euros, que poderán ser adquiridas unha hora antes de cada proxección, se ben utilizando os 5.000 folletos repartidos por Mr. Misto poderá obterse un desconto de 1 euro. O escenario será o Salón García, en sesións de 5 e 7 de tarde o sábado e domingo, ao que se engade unha sesión matinal no mesmo domingo, ás 12:00 horas.
17.12.2014. Rocío Llovo, concelleira de Cultura, e Xoán Mariño, responsable de Mr. Misto foron os responsables de presentar hoxe a iniciativa, parque de cuxa recadación será destinada ás familias dos traballadores de Lantero, aínda que está aínda por concretar a contía desa axuda. En calquera caso, tanto Llovo como Mariño destacaron que a experiencia desta fin de semana servirá de test para futuras exhibicións cinematográfica no Salón, que conta con todos os elementos técnicos para que así sexa.

Xoán Mariño explicou os avatares polos que pasou esta produción, que este ano concursará nos Goya. Agora a película está en plena promoción por distintas salas de Galicia, para logo chegar ao mercado nacional e posteriormente ao internacional. Mariño destacou o feito de que o realizador e tamén un dos guionistas é o arousán Juan Galiñanes, o que dá un valor engadido a esta que é a maior produción de animación da cinematografía galega.

A historia de “Holy Night, noite de paz” ten todos os ingredientes para facer pasar un bo rato a pequenos e maiores: na Noiteboa dun fogar conviven dous mundos, o árbore de Nadal, onde vive Papá Noel e os seus elfos, e o Belén dos Reis Magos e demais figuriñas do portal. De repente, o trineo de Papa Noel desaparece e o Neno Xesús é secuestrado. O Nadal está en perigo e todos se botan a culpa do sucedido, pero a verdadeira culpable anda solta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -