_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
O trío Melodyans amenizará a Chocolatada de Nadal que o Concello organiza para as Persoas Maiores

As persoas maiores volverán a ter unha cita propia na programación de Nadal do Concello. Seguindo o que xa é unha tradición, a Área de Persoas Maiores que dirixe Ángeles Rodríguez organiza a tradicional Chocolatada de Nadal que este ano se celebrará o sábado, 20 de decembro, nos salóns do Casino e que, como sempre, inclúe unha sesión de baile. A entrada é libre e de balde para as persoas pertencentes ao colectivo de maiores.
13.12.2014.- O Sabor a Nadal comezará ás seis da tarde, momento a partir do cal os asistentes poderán degustar unha boa taza de chocolate quentiño acompañada de rosca. O Trío Melodyans será o encargado de amenizar a festa e de poñer a música para o baile.

O Sabor a Nadal é unha das iniciativas de carácter lúdico que promove a Concellería de Traballo e Benestar, da que depende a Área de Persoas Maiores, co obxecto de crear espazos de convivencia no que as persoas de máis idade teñan a oportunidade de interactuar e de pasar os ratos de lecer de xeito que leven unha vida social activa e gratificante. Coa chocolotada de Nadal, preténdese ademais crear un marco no que os maiores poidan confraternizar e celebrar estas datas tan especiais xunto cos seus amigos e coñecidos. Xunto con este tipo de iniciativas, o departamento organiza outras actividades que engaden contidos culturais, como as viaxes e excursións; e aquelas que inciden no seu benestar físico e psíquico como os programas de prevención da dependencia, entre outros. 








4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -