_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O programa de intervención axudou a 17 familias en situación de emerxencia a mellorar a súa economía e estado emocional

O programa de intervención con familias en situación de emerxencia social posto en marcha no mes de setembro polos Servizos Sociais de Vilagarcía con financiamento da Deputación Provincial remata o vindeira semana cunha avaliación inicial bastante positiva. Nestes meses atendéronse a 17 familias, 9 de elas mono parentais, coas que traballou, e asesorou tanto de forma teórica como práctica para axudarlles a mellorar a súa situación económica, emocional e relacional. A tramitación para obter bonificacións fiscais, para acceder a aprazamentos de pagos ou para aforrar no recibo la luz foron algunhas das xestións que se lles axudou a realizar, ademais de prestarlles atención especializada para motivalos, recuperar a súa autoestima e animalos a ser proactivos.
13.12.2014.- Perfil

As 17 familias coas que se traballou nesta segunda edición do programa procedían indistintamente dos ámbitos urbano e rural. Ademais de atoparse en situación de emerxencia e ser usuarios dos servizos Sociais do Concello, todas elas compartían características como contar con cargas familiares, perder o posto de traballo, ter esgotadas a percepción de prestacións por desemprego e ter dificultades para facer fronte á satisfacción de necesidades básicas pola la incidencia e cronificación da crise actual, como a alimentación, a xestión de débedas (sobre o subministro eléctrico e de auga, abono dos recibos mensuais de créditos hipotecarios, impago de impostos municipais…etc).

Outra característica en común dos participantes é que a conxunción dos factores anteriores, así como a durabilidade dos mesmos, incide de forma importante no estado anímico e emocional dos membros da unidade familiar.

É preciso ter en conta que máis da metade dos participantes, en concreto 9, eran familias mono parentais.

O programa de Intervención desenvolveuse a través de profesionais de diferentes eidos que traballaron coas familias en tres liñas de intervención: Organización e xestión da economía doméstica, Adestramento de habilidades sociais e resolución de conflitos e Xestión das perdas e da dor.

Organización e xestión da economía doméstica

Neste bloque abordouse a xestión de débedas sobre impagos da factura de subministro eléctrico, para o cal se solicitaron bonos sociais e ticket eléctrico e para o cal se contou coa colaboración da Unión de Consumidores de Galicia. A técnico deste organismo, Ana Olveira, participou nunha sesión grupal para explicar e ensinar os dereitos das persoas consumidoras e o procedemento de facer reclamación ante diversas entidades.
Tamén se tramitaron solicitudes de aprazamento de pagos dos recibo da auga; de bonificacións fiscais no Concello, de fraccionamento de débedas contraidas cos impostos municipais e de prestacións de axudas sociais; así como reclamacións por comisións bancarias, asesoramento de créditos hipotecarios, solicitude de cadencias..etc coa colaboración das técnicas responsables de ADICAE de Vigo, Celia Corral e Iria Aguete.

Adestramento de habilidades sociais e resolución de conflitos

Nesta liña de intervención os membros das unidades familiares traballaron na mellora da xestión do tempo, na planificación de axenda persoal e na toma de conciencia do valor que ten cada quen (auto estima). Para isto tiveron que identificar algunhas distorsións cognitivas e analizar como estas influían no seu estado de ánimo. Tamén traballaron as expectativas de control ante os acontecementos diarios, incidindo nas habilidades sociais e en como adestralas no día a día para mellorar a comunicación inter persoal e o clima relacional e de convivencia familiar

Xestión das perdas e da dor

Para avanzar neste bloque temático, os profesionais fixéronlle ver aos participantes os diferentes recursos emocionais cos que contan para poder afrontar as perdas do día a día ou as situacións negativas, e asesoráronos en como empregar estes recursos persoais para facer fronte á dor.


CONCLUSIÓNS INICIAIS

Valoración da docente responsable
Dende o mes de setembro, cando se puxo en marcha o Programa de Intervención con familias leváronse a cabo 24 sesións grupais cunha duración de hora e media cada unha, facendo un total de 39 horas, e 15 horas sesións individuais.

Nestas sesións logrouse crear un clima de relación e convivencial de mutuo respecto entre os e as participantes e coa docente, chegando a xerar un “espazo” no cal manifestaron sentirse “atendidos, escoitados, apreciados e valorados como persoas”, é dicir, as actividades serviron ademais como “tempo de ventilación emocional” no sentido de darlles aos participantes un espazo para que expresasen como se sentían ante as situacións que están vivindo.

Consecución de logros
As familias participantes, en función dos seus propios ritmos, coñecementos, estado emocional e problemáticas particulares, foron levando a cabo as tarefas encomendadas pola docente responsable (psicóloga), amosando todas unha actitude proactiva na procura de solucións para cadansúa dificultade; e compartindo os logros acadados co grupo de compañeiros, de xeito de servir como reforzo positivo para afrontar o día a día e como mostra de que “se un se move, busca alternativas e con apoio, pódense atopar solucións e recursos”.

Logros específicos
A través do programa de Intervención, as familias participantes, coa axuda dos monitores solicitaron e obtiveron o bono social para o subministro eléctrico e o tiket eléctrico, tamén revisaron a potencia contratada e o consumo ao respecto, solicitando os cambios pertinentes.

Outras das xestión realizadas consistiron na solicitude e obtención de aprazamentos no pago dos recibos da auga, e outros impostos municipais; solicitude e concesión de bonificacións fiscais na administración local; na presentación de reclamacións e na negociación das condicións das comisións bancarias, cadencias hipotecarias, cláusulas abusivas; e ata presentaron reclamacións contra os embargos de contas bancarias.

Tamén se obtiveron logros concretos en materia da mellora emocional dos membros das familias participantes no programa, xa que no eido económico, xa que lles concertaron citas cos servizos especializados e traballaron no empoderamento persoal (auto estima, ventilación emocional e desestigmatización social).

Para avaliar os resultados do programa é esencial tamén coñecer a opinión dos participantes. Neste caso, e de xeito preliminar mentres non se conclúen os test valorativos e a memoria final do programa, pódese adiantar que as familias verbalizaron e, e amosan polas súas actitudes, que as sesións lles foron útiles por toda a información que lles aportaron, pero tamén polo xeito de traballar a docente. Entre os efectos positivos manifestados por parte dos usuarios atópanse os de “facelos sentir como persoas,a posibilidade de ser escoitalos, ter alguén con falar e que non os xulguen”.

Tamén valoraron moi positivamente que a través destas intervencións decatáronse de que hai mais familias coas mesmas necesidades que eles, de que non están sós e, sobre todo, que aprenderon a exercer os seus dereitos como cidadáns, solicitando as “axudas” e “prestacións sociais” que desde os Servizos Sociais municipais poñen a súa disposición e lles tramitan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -