_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcía lanza un reto contra a violencia de xénero a través das redes sociais

Vilagarcía bótase á rúa mañá a través da Área de Igualdade de Concello e do Consello local da Muller para manifestar a repulsa da sociedade á violencia de xénero e co obxectivo de continuar sensibilizando á poboación sobre a necesidade de loitar contra os malos tratos dende todos os eidos. Mañá, 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, celebrarase un acto no Concello e o sábado, 29, a Praza de Galicia será o escenario para o lanzamento dunha sorprendente campaña a través das redes sociais que leva por título “¿Y tú que pintas contra los malos tratos?”.
A Área de Igualdade e o Consello local da Muller convocan a todos os vilagarciáns a acudir mañá, martes, ás 12 horas á explanada do Concello para manifestarse en contra da violencia de xénero e contra os maltratadores. O acto consistirá na lectura pública do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e coa interpretación da Danza Escocesa de Beethoven por parte de dous alumnos da Escola Municipal de Música, Mariña González (frauta) e Alberto Lago (piano).

Pero o acto máis novidoso e esperado da celebración deste ano é a campaña nas redes sociais que se porá en marcha o sábado, a partir das 12 horas na Praza de Galicia. Alí están convocados numerosas personaxes públicos e representantes da vida social, política, cultural e económica da cidade, para participar no reto que lanzará o Consello local da Muller baixo o lema de “¿Tú que pintas?
A idea é aproveitar o tirón dos retos e tamén a capacidade de difusión que teñen as redes sociais para sumar milleiros de apoios e traspasar fronteiras. A utilización de diferentes redes sociais ten outro importante obxectivo ademais dos mencionados, e que é o de chegar á poboación xuvenil e á mocidade, os principais usuarios destes medios de comunicación e tamén o colectivo ao que se pretende sensibilizar e educar en materia de prevención de malos tratos debido aos altos índices de violencia de xénero que se detecta neste tramo de idades.

O acto do sábado na Praza de Galicia contará cun espectáculo cunha posta en escena na que intervirá o colectivo Nidya e colaboran Arosa TV, o fotógrafo José Luiz Oubiña e a empresa da pantalla Ledmon, así como de diferentes departamentos do Concello.


A campaña xa se pode consultar a través de facebook baixo o lema “¿Tú que pintas? E do tiwter @cmmvilagarcia
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -