_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O goberno ofrece varias alternativas para a instalación de mamparas nas terrazas da Baldosa

O alcalde, Tomás Fole, e os técnicos do Concello, mantiveron onte pola tarde unha xuntanza cos hostaleiros da Baldosa para buscar solucións á protección das terrazas durante o inverno. O goberno propuxo varias alternativas que se axustarían tanto o PXOM como a Ordenanza de Terrazas e agora serán os propios hostaleiros os que se decante por unha que, loxicamente, será a única válida para todos os establecementos da zona.
20.11.2014.- Na xuntanza, o rexedor insistiu en que a Ordenanza de Terrazas que leva en vigor 2 anos, modificouse e aprobouse co consenso dos propios hostaleiros, segundo os acordos adoptados nunha xuntanza celebrada no Auditorio á que foron convocados todos os propietarios de establecementos hostaleiros de Vilagarcía, non só os de Ahituvi. “A esa reunión estaban convocados todos e foi quen quixo, polo que non vale que algúns digan que non a cumpren porque non se consensuou”, apunto o alcalde.

Para evitar as situacións de incumprimento total ou parcial que se están producindo dende que o texto entrou en vigor, o alcalde advirte que, aínda que non sexa por unanimidade, a fórmula que decidan os hostaleiros entre as alternativas existentes, deberá ser cumprida por todos”.

Na reunión de onte, á que asistiron a maioría dos hostaleiros da Baldosa, ademais de expoñerlles as posibles solucións existentes, os técnicos tamén lles explicaron as limitacións en canto a extensión, altura e demais características que deberán cumprir as mamparas para que a súa instalación se poida acomodar tanto ao PXOM como á Ordenanza de Terrazas.

Tal como se comprometeran hai unhas semanas, o goberno local continuará a semana que ven as reunións cos hostaleiros de outras zonas do municipio, xa que a idea, tal como se recollera no seu día la ordenanza, é que cada zona teña unha imaxe propia, dentro dos condicionantes da normativa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -