_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno pecha o Anexo de Persoal aceptando matices dos sindicatos

A segunda xuntanza da Mesa Xeral de Negociación para abordar o Anexo de Persoal a incluír na proposta dos Orzamentos Municipais de 2015 celebrouse no clima de cordialidade co que xa descorrera a reunión do luns, segundo explicou a voceira do goberno, Rocío Llovo. O resultado do encontro foi que o goberno pechou o documento coa inclusión dalgunhas das matizacións realizadas polos representantes sindicais dos traballadores do Concello. Agora, o goberno concretará o borrador dos presupostos para presentarllos aos grupos da oposición antes da celebración do Pleno no que se someterán á aprobación inicial, o 1 de decembro.
Como consecuencia da reunión do luns, na que os sindicatos avaliaron a proposta do goberno e expuxeron as súas propostas e corrección, o executivo popular presentoulles hoxe o Anexo de Persoal definitivo, modificado para recoller algunhas das matizacións realizadas polos traballadores.

A primeira delas foi o cambio no cadro de Persoal da praza de Inspector da Policía Local creada anos atrás, por unha de oficial, xa que os traballadores manifestaron que resultaría máis operativo. A consignación prevista para un inspector non era suficiente para substituír este posto por 2 de oficiais como pretendían os sindicatos, polo que o goberno comprometeuse a habilitar a segunda nos orzamentos de 2016.

Tamén a proposta das organizacións sindicais, aceptáronse varios cambios de denominacións de prazas e reconversión de postos, en función das necesidades detectadas tras os axustes e reorganización de servizos realizados nos últimos anos.

Mantendo a posición dos últimos anos, os representantes dos traballadores opuxéronse á amortización de prazas, unha medida que o goberno local considera necesaria para seguir cumprindo o plan de axuste económico. Non obstante, e grazas aos resultados positivos que están a ter as políticas económicas do executivo local e grazas ao esforzo de todos os vilagarciáns, as amortizacións pódense contrarrestar cubrindo despois de varios anos vacantes existentes no cadro de persoal.

De feito, as 2 amortizacións previstas en 2015 de prazas xa vacantes por xubilación (Auxiliar de Delineación e Oficial Albanel) máis o mantemento da cualificación de “a extinguir” de 3 prazas cuxos tiotulares se xubilan en 2015 ( un Auxiliar administrativo do Conservatorio, un Médico do SPAD e unha Educadora Social de Igualdade), serán compensadas coa cobertura de 4 prazas vacantes na Policía Local (incluída a de oficial), unha medida que hai anos que non se adoptaba e que contribuirá a paliar as carencias de persoal que sofre este importante servizo para a cidadanía.

Tamén se opta por conservar a praza de Auxiliar Administrativo- Xefe de Grupo dunha traballadora que se xubila en 2015, que se cubrirá mediante concurso de traslado a convocar nese mesmo ano.

No ámbito da Xerencia de Urbanismo, o PP tamén propón reconverter a praza de xerente, vacante dende hai un ano pola xubilación do Arquitecto Xefe, por unha de Asesor de Órganos de Goberno, cargo de libre designación dependente da Alcaldía que estaría dotado con menor suma que a que vén a suplir. Segundo a proposta municipal, a Xerencia de Urbanismo manteríase coa dirección compartida por parte de dous arquitectos municipais, cuxos postos se consolidarán nos orzamentos de 2015 nas figuras de Arquitecto-xerente e Arquitecto Técnico- coordinador.

A recuperación da economía local tamén permitirá tomar outras medidas que repercutirán de forma positiva no eido de Persoal e tamén na prestación dos servizos á cidadanía. Unha delas é a posibilidade de habilitar nos orzamentos de 2015 unha partida de 40.000 euros destinada á contratación de persoal para cubrir as baixas de longa duración que se poidan producir ao longo do vindeiro exercizo. Esta previsión non existía ata o de agora, o que economicamente dificultaba que se puideran cubrir as baixas prolongadas, o que incidía en sobrecargas do servizo afectado e unha ralentización de trámites ou atención á cidadanía.

Como xa se adiantara na reunión do luns, e en cumprimento do compromiso adquirido no seu día polo goberno cos sindicatos, no presupostos de 2015 consígnase unha partida para facer fronte á devolución da paga extraordinaria de Nadal retirada no ano 2012. Aínda que só existe sentenza xudicial de abono ao persoal laboral, o grupo de goberno prevé facer extensible a devolución tamén aos funcionarios.


Unha vez rematada a negociación do Anexo de Persoal, o goberno pechará o proxecto dos presupostos coa maior brevidade para pasarlle a documentación aos grupos da oposición de xeito que dispoñan de tempo suficiente para analizala e presentar as propostas que consideren antes do Pleno do 1 de decembro, no que se someterán á aprobación inicial.

A sesión terá carácter ordinario posto que substitúe á que tería que celebrarse o 24 de novembro. O obxectivo de pospoñela sesión unha semana é que os grupos poidan traballar con calma no documento de maior importancia para un Concello, e sen que isto impida ao rexedor cumprir o compromiso realizado ao inicio do seu mandato de presentar os presupostos municipais en tempo e forma, antes do inicio do exercizo en cuestión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -