_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O asfaltado das principais rúas do centro urbano comeza o mércores e desenvolverase en oito xornadas

Os traballos de asfaltado das principais rúas do casco urbano comezarán o mércores da vindeira semana. Este foi o acordado na xuntanza que mantiveron esta mañá a concelleira de Vías Públicas, Ana Granja, e o Enxeñeiro Municipal con responsables da adxudicataria da obra, Covsa, e da Policía Local, a efectos de planificar os traballos e prever as medidas necesarias en relación ao ordenamento do tráfico e de información á veciñanza das zonas afectadas.
29.10.2014.- O groso do Plan de Mellora do Firme afectará ao centro urbano de Vilagarcía. O cronograma inicial dos traballos desenvolverase ao longo de 8 días. A primeira xornada, está prevista para o mércores 5 de novembro, día no que se procederá ao asfaltado da rúa San Roque, comezando de mañá á altura do cruce de Santa Eulalia para rematar na confluenza con Edelmiro Trillo (enlace do colexio das monxas). A segunda xornada traballarase no extremo oposto da Praza da Independencia, entre o cruce de Gumersindo Nartallo coa rúa San Roque ata o cruce de Padre Feijóo con Edelmito Trillo (á altura da farmacia do edificio Lara). O firme desta última (dende o final da Praza de España ata a confluenza con Padre Feijóo) retocarase o venres, 7 de novembro.

Os traballos retomaranse despois da fin de semana, o luns, 10 de novembro. Nesta cuarta xornada procederase ao asfaltado do último tramo da rúa Padre Feijoo, Praza de Galicia, Arcebispo Lago e o treito de Alexandre Bóveda comprendido entre a cafetería Musgo e a Rúa Castelao. O plan de traballo continúa o martes 11, coa mellora do firme de Conde Vallellano. A sexta xornada de traballo, a do mércores actuarase no tramo da Avenida da Mariña que vai dende o inicio da Alameda (onde o párking Cavadelo) ata o inicio da Praza da Peixería. O día seguinte está previsto o asfaltado das vías que circundan a rotonda do Cavadelo (fronte á Comisaría da Policía) e o venres, completarase o asfaltado no treito que vai dende esta rotonda ata a de Valle Inclán (a dos xulgados).

Covsa garante que estes prazos respectaranse sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, posto que si hai previsión de choivas, os traballos terían que deterse.
O pintado de pasos de peóns e sinalización máis importante realizarase rúa a rúa, xusto por detrás do asfaltado. O pintado total de liñas de circulación, unha vez rematado a mellora en todas as vías e acometerase en conxunto.

A concelleira de Vías Públicas informará deste cronograma aos responsables das asociacións de comerciantes (Zona Aberta) e de hostaleiros (Ahituvi) a efectos de que o trasladen aos seus asociados nas rúas afectadas, de xeito que estean sobre aviso do día exacto en que os traballos impedirán circular pola súa rúa. Deste xeito poderán planificar con antelación a entrada e saída de garaxes ou labores de carga e descarga.

Vallas e carteis informativos

Con estes mesmos obxectivos, a Policía Local comezará o luns a instalar vallas nas rúas afectadas para previr aos condutores do día no que se cortará a rúa para asfaltar, así como da necesidade de que se despexen todos os estacionamentos. Tamén se pegarán notas informativas en portais e portas de garaxes para advertir sobre isto mesmo.

Segunda fase

Unha vez rematadas as actuacións mencionadas, levarase a cabo unha segunda fase, para o cal se organizarán previamente os traballos a desenvolver nas demais zonas incluídas no Plan de Mellora Viaria do casco urbano e que permitirán asfaltar un tramo da avenida Doutor Tourón, a Rúa Matosinhos, un treito de López Ballesteros e a Rúa Magnolio de Trabanca Badiña.

Case 300.000 euros de investimento

O Concello decidiu destinar unha importante partida do Plan de Investimentos Municipais de 2014 ao necesario Plan de Mellora do Firme da rede viaria urbana. O proxecto foi adxudicado a Covsa por importe de 272.632 euros e implementouse con varias melloras ofertadas pola propia empresa. Á primeira é que ás rúas e tramos sinalados no documento sumarase o asfaltado doutros 5.500 metros cadrados que asume a firma, o que permitirá acondicionar o firme doutros tramos urbanos e redundará en beneficio dos cidadáns sen custe engadido para as arcas municipais. realización de fresado, rego con adherencia e pavimentación), tamén inclúe a maiores o pintado das marcas viarias nunha superficie total de 450 metros cadrados (isletas, pasos de peóns...), o pintado de 1.000 metros lineais de liñas viarias, así como a execución de dous pasos de peóns elevados a maiores dos recollidos no documento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -