_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O musical “A Lenda do Unicornio” chega o sábado ao Auditorio da man de Augusto Algueró

O público familiar ten unha interesante oferta lúdica e cultural para pasar a tarde do sábado. Trátase do espectáculo “A Lenda do Unicornio”, un musical producido polo compositor Augusto Algueró no que a música e o baile combínanse co teatro, acrobacias, humor e moita diversión. As prezos das entradas son 8, 7 e 6 euros e pódense adquirir de xeito anticipado a través de http://www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. O día da función poranse á venta na billeteira do Auditorio a partir das 16:00 horas ao prezo único de 9 euros.
23.10.2014.- A lenda do Unicornio narra a historia dun pobo de pescadores no que a necesidade obriga a todos os maiores a facerse ao mar para pescar, polo que os nenos quedan sós nas súas casas. O que parece ser un día tranquilo para os pequenos convértese en toda unha aventura cando os nenos vénse sorprendidos polo terrible Unicornio do Mar, que se atopa moi enfadado porque perdeu a súa cría.

A protagonista da historia é Mariña, unha nena que grazas a súa bondade e inocencia, logra gañarse a amizade do unicornio e acompañalo ata o fondo do mar para atopar a súa cría. Nesta viaxe contará coa axuda de peixes, estrelas de mar, pelicanos e ata magos, cos que vivirán grandes e emocionantes aventuras.

Actores reais e bonecos interpretarán aos 17 personaxes que protagonizan esta historia musical na que tamén haberá efectos especiais, maxia, coloridos vestiarios e vistosos decorados. O espectáculo pono en escena Jana Producciones, unha compañía con 13 anos de experiencia no sector e que suma no seu haber numerosos éxitos a nivel nacional, entre eles un premio Max ao mellor musical en 2007.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -