_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O Concello concede licencia para a ampliación do Hospital do Salnés

A ampliación do Hospital do Salnés que promove a Xunta de Galicia xa conta coa licenza municipal do Concello de Vilagarcía. O Consello da Xerencia de Urbanismo dou onte o seu beneplácito á construción despois de estudar o proxecto presentado pola administración autonómica. O Concello realizou o trámite coa maior brevidade a efectos de que a demandada obra non acumule máis demoras e de que a Consellería dispoña de todos os permisos e teña todo disposto para poder empezar a obra tan pronto como a teña adxudicada. Non obstante, na concesión da licencia faise constar a necesidade de corrixir as discrepancias de lindes detectadas no proxecto á hora de medir as obras e afeccións que corresponden ao territorio vilagarcián.
22.10.2014.- A obtención da licenza municipal de construción é un trámite preceptivo para que a Consellería poida executar a obra que os vilagarciáns e os habitantes da área sanitaria do Salnés levan anos demandando e que é moi necesaria. Esta é a causa pola que o estudo do proxecto e a tramitación da licenza se axilizaron ao máximo en Ravella, concluíndo onte coa concesión da licenza, pese a que os técnicos municipais detectaron discrepancias entre os lindes territoriais que figuran no proxecto de ampliación respecto aos que constan no Concello.

Como se sabe, a ampliación do Hospital realizarase en terreos limítrofes entre Vilagarcía e Vilanova, polo que as obras afectan á superficie de ámbolos dous concellos. A superficie ocupada en cada un deles, segundo se plasma no proxecto, non coincide cos lindes territoriais. O Concello de Vilagarcía non desexa que a tramitación da ampliación sufra demora algunha, todo o contrario, de aí que teña concedido igualmente a licencia, coa advertencia á Consellería que os redactores do proxecto volvan a realizar as medicións a efectos de axustalas á realidade para que o cálculo de taxas sexa o correcto.

Aparcamentos

Tamén co obxectivo de axilizar o máximo posible a execuciónd a obra e a posta en marcha da ampliación con todos os servizos precisos, o Concello de Vilagarcía busca alternativas para a creación do novo aparcamento público, xa que o actual será ocupado polas obras. O alcalde xa contactou cos catro propietarios con terreos dispoñibles na zona (as comunidades de ontes de Rubiáns, Baión, e Marconsa e Fundiciones Rey) para coñecer a súa dispoñibilidade, e os servizos técnicos están estudando individualmente a idoneidade de cada parcela atendendo a súa superficie útil, capacidade para aparcamentos tendo en conta os viais a realizar en función da forma dos terreos, as necesidades e custe de desmontes en baseo aos desniveis, ou a distancia ao Hospital.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -