_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
Trescentas familias de Vilagarcía recibiron asesoramento na oficina de información sobre o recibo da luz

Case trescentas familias recibiron asesoramento na Oficina de Información sobre a Factura Eléctrica posta en marcha en Vilagarcía o pasado 2 de setembro a través dunha iniciativa promovida pola Unión de Consumidores de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, á que o Concello prestou a súa colaboración aportando o local e medios para o seu funcionamento. O punto informativo de Vilagarcía supera a media de atención nas 10 oficinas abertas na provincia, ao sumar 300 das 2.000 atencións realizadas en conxunto dende o inicio da campaña.
20.10.2014.- O servizo de asesoramento e información individualizado dirixido a persoas usuarias de electricidade ten como obxectivo resolver as numerosos dúbidas que están tendo os usuarios debido á nova facturación e a liberalización de prezos. As consultas teñen como obxectivo aclarar os distintos conceptos que figuran no recibo da luz, así como asesorar ás familias sobre as medidas que poidan adoptar en cada caso para aforrar no gasto eléctrico, como axustar as potencias ás necesidades reais ou optar pola modalidade contractual que mellor lle vaia a cada caso particular, entre outras.

No caso de querer facer reclamacións ás empresas subministradoras ou ante Consumo tamén se lles asesora e axuda na tramitación, posto que unha das principais causas pola que se decidiu abrir estes servizos foi o elevado número de queixas presentadas ante a Unión de Consumidores de Galicia en canto ao aumento de técnicas agresivas das compañías para captar clientes e que, en moitas ocasións, ofrecen información enganosa ou no dan toda a información.

Case a totalidade das 300 familias atendidas no punto de información de Vilagarcía eran veciños do municipio, aínda que tamén se desprazaron ata o Concello persoas de municipios limítrofes onde no contan con este servizo temporal como Vilanova, Ribadumia e mesmo Sanxenxo, aínda que foron casos puntuais.

As oficinas comarcais de asesoramento e información a persoas usuarias de electricidade están situadas na sede da Deputación Provincial nas cidades de Pontevedra e Vigo, así como nos concellos de Cangas, A Estrada, Cambados, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía.

As oficinas permanecerán abertas ate o 31 de outubro cun horario de atención ao público de 10.00 a 14.00 horas. Trátase dun servizo gratuíto e é necesario cita previa. No caso de Vilagarcía, a cita pode pedirse telefonicamente a través do número 986 099 200 ext. 103.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -