_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O musical “Balansiyyá” representarase de novo en Vilagarcía tras o éxito de público e crítica da estrea

O musical en concerto “Balansiyyá” volverá a representarse no Auditorio de Vilagarcía no mes de xaneiro. As entidades promotoras da iniciativa, Concellería de Cultura, a Banda de Música e o Coro; decidiron organizar unha segunda función a petición popular e despois da exitosa estrea da pasada fin de semana.
18.10.2014.- O Auditorio colgou o sábado pasado o cartel de “completo” na que foi a estrea en Galicia da obra de Pascual Vilaplana, que dirixiu a función, polo que moitas persoas quedaron sen poder gozar do espectáculo que recibiu unha larga ovación por parte dos asistentes. O éxito foi tal que xa está contratada unha actuación en Silleda o 20 de decembro e outros concellos galegos amosaron xa o seu interese.

A maiores da calidade da obra e a profesionalidade da interpretación tanto musical como coral, o que máis sorprendeu ao público que tivo a oportunidade de asistir á estrea da semana pasada, foi a espectacular montaxe, a escenografía e a cantidade de persoas que estiveron sobre o escenario, unhas 110 entre músicos e voces. Gustou especialmente a dramatización da historia ambientada en época da Reconquista Española por parte dos reinos cristiás aos territorios en tomados polos mouros.

“Balansiyyá”, é unha obra composta polo alacantino Pascual Vilaplana con letras de Carlos Veiga, que relata unha dramática historia de amor ambientada na época da Reconquista Española, polo que a música está moi influenciada polos sons medievais tanto nas zonas cristiás como musulmáns. O musical estreouse no Teatro Principal de Valencia en xuño do 2006 e xa foi representada en varias capitais españolas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -