_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O parque se seguridade viaria abre os actos da Semana Europea da Mobilidade

Vilagarcía abre o mércores, 17 de setembro, os actos da semana Europea da Mobilidade, coa posta en marcha do parque de educación viaria que comezou a instalarse hoxe na explanada do Auditorio. O Concello súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade con obxectivo de promover una cidade máis agradable para o peón e respectuosa co medio ambiente, reducindo o uso dos coches e apostando de medios de transporte alternativos como a bicicleta ou os desprazamentos a pe.
16.02.2014.- No marco desta semana, o Concello organiza entre o mércores 17 e o domingo 21 de setembro diversas actividades como o parque de seguridade viaria, rutas en bici, taller de reparacións de bicicleta, obradoiros para aprender a andar en bici, exposicións de vehículos eléctricos e a presentación do Vaiapé, o plano coas distancias e tempos que levan desprazarse camiñando entre diferentes puntos da cidade.

A Semana Europea da Mobilidade leva este ano por lema “Unha rúa mellor é a túa elección”. O programa conmemorativo de Vilagarcía está organizado polo Concello e conta coa colaboración da asociación Arosa en Bici. Aínda que o programa en si comeza o mércores, os preparativos inícianse o martes na explanada do Auditorio coa montaxe e instalación do parque de seguridade viaria. Nestas instalacións habilitarase un circuíto de tráfico no que nenos de ata 12 anos poderán practicar como desenvolverse nos seus desprazamentos en bicicleta pola cidade, respectando as sinais e normas de tráfico e garantindo.

Con esta actividade preténdese promocionar o uso da bicicleta nos desprazamentos pola cidade, pero de xeito seguro para os ciclistas. O obxectivo é conseguir unha cidade máis desconxestionada de coches e tamén con menos contaminación ambiental e sonora. Axentes da Policía e do Servizo Municipal de Emerxencias e protección Civil regularán o parque de educación vial no que se disporá de bicicletas de diversos tamaños para que poidan participar en el nenos pequenos e máis maiores. O parque funcionará do mércores ao sábado de 17 a 20:30 horas e o domingo de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

O Concello enviará información do parque de seguridade viaria aos colexios a efectos de que os alumnos acudan á actividade pola tarde ou o domingo.

O resto das actividades da Semana da Mobilidade concentraranse na fin de semana. A primeira terá lugar o venres 19 coa presentación do Vaiapé-Metro minuto de Vilagarcía. Trátase dun plano no que se indican as distancias entre diferentes puntos de interese do municipio e o tempo que leva cubrilas camiñando. O obxectivo é que os desprazamentos cotiás pola cidade se realicen a pé, tanto os da xente que vive nela, como os que veñen de fóra ou da periferia. Para iso sinálanse os aparcamentos disuasorios nos que se pode deixar o coche para realizar camiñando as distintas xestións ou visitas aos lugares de interese.

O venres e o sábado a partir das 17:30 horas funcionará na explanada do Auditorio o Hospital de Bicis, un taller de reparacións no que os asistentes poderán aprender a realizar o mantemento habitual e o arranxo de avarías nas súas bicicletas. O taller dirixirao Manuel Louzán, vicepresidente de Arousa en Bici.

Despois do éxito da última edición, o programa tamén inclúe este ano a Escola de Aprendizaxe de andar en bici. As persoas, de calquera idade, que desexen aprender a montar en bicicleta poderán facelo seguindo as instrucións dos monitores de Arousa en Bici na explanada do Auditorio. Esta peculiar escola funcionará o venres e o sábado a partir das 17:30 horas e para participar aconséllase pedir cita previa para organizar as clases por tramos horarios. Poden reservar hora dirixíndose ao Concello ou a Arousa en Bici.

Tamén durante as xornadas do sábado e o domingo poderá verse na explanada do Auditorio a exhibición de vehículos eléctricos (automóbiles, motocicletas e bicicletas) dispoñibles actualmente no mercado como alternativa aos que funcionan coa combustión de hidrocarburos e desprenden dióxido de carbono a atmosfera, unha das principais causas da contaminación ambiental. A exposición poderase visitar de 10 a 21 horas.

Outras das actividades tradicionais da Semana da Mobilidade son os paseos en bici organizados por Arousa en Bici en colaboración co Concello. O sábado celebrarase o Paseo Nocturno de Carril a Vilaxoán con saída ás 21:00 horas dende O Cavadelo. Poderán participar persoas de calquera idade, aconsellándose o uso do casco, luces nas bicis ou prendas reflectores. O pelotón desprazarase a velocidade paseo irá acompañado por persoal de Emerxencias e Policía Local.

O domingo será o Paseo Diúrno en Bici, que discorrerá polo casco urbano de Vilagarcía e para o cal se pecharán as rúas do centro da cidade. O pelotón volverá a saír do Cavadelo, neste caso as 11:30 da mañá.

E dende esa hora da mañá e ata as 20:00 horas permanecerá pechado ao tráfico de vehículos o casco urbano de Vilagarcía, facendo posible unha “Cidade libre de coches”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -