_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A mellora do acceso ao Auditorio e da beirarrúa da Mariña inclúe a renovación das redes de pluviais, abastecemento e servizos

As obras que está a levar a cabo o Concello para urbanizar e acondicionar o acceso aos baixos do Auditorio e renovar o tramo de beirarrúa da avenida da Mariña ata a Casa do Mar non se limitarán ao aspecto estético da zona. Os traballos adxudicados á empresa Marconsa prevén ademais a renovación das redes de saneamento, abastecemento e outros servizos, a efectos de deixar en condicións as canalizacións soterradas para garantir un bo funcionamento e previr futuras avarías.
15.09.2014- Ademais de atender especialmente aos sistemas de drenaxe de auga nunha zona que presentaba problemas de acumulación de augas cando chovía con intensidade, a obra tamén incluíu a renovación das redes de recollida de pluviais, saneamento e abastecemento de auga, traballos que está realizando a empresa concesionaria do servizo, Espina e Delfín. Para evitar ter que levantar o pavimento no futuro, tamén se instalaron dúas canalizacións específicas para novas tecnoloxías, como fibra óptica ou similares.

Os traballos estanse a desenvolver a bo ritmo e, de non rexistrarse imprevistos, terían que rematarse esta mesma semana. Pese a ser unha obra modesta en canto ao investimento (39.000 euros) incidirá moito na calidade urbana da zona afectada e tamén na estética e funcionalidade dun ha zona de paseo que precisaba dunha actuación urxente debido ao seu deteriorado estado.

Coa obra acondicionarase o acceso aos baixos do Auditorio dende a Avenida da Mariña, un paso que era de terra e que presentaba un terreo moi irregular que dificultaba o tránsito de vehículos e peóns e que favorecía a creación de pozas cando chovía. A actuación suporá dotar o acceso dun pavimento resistente ao paso dos vehículos municipais dos servizos de Medio Ambiente, Alumeado e Xardíns que teñen as súas sedes nos baixos do Auditorio.

Ademais de resistente, o pavimento ten que integrarse coa contorna da Praza do Auditorio.
Para xuntar ambas características, optouse por un pavimento de formigón ao que se lle engadirán algunhas melloras de tipo estético. Utilizarase formigón vibrado frastado cunha coloración mediante tinguido para darlle unha aparencia máis natural, e ao que se lle practicará un acabado en obra mediante cepillado homoxéneo para darlle unha textura pétrea. Ademais, e co obxectivo de integrar visualmente ese acceso coa Praza do Auditorio, as xuntas de dilatación do primeiro seguirá os ritmos do pavimento da praza.

Tamén se prestará especial atención á pendente e sistemas de drenaxe para evitar o encharcamento da vía que se viña producindo con chuvias intensas.

No borde do vial que transcorre á beira do edificio do Consello Regulador do Mexillón deixarase unha franxa de zoa verde na que se plantará céspede e plantas de temporada e se deixarán as árbores existentes. Esta medida contribúe a aliviar a dureza do pavimento e alixeirar o espazo construído dándolle unha vista máis agradable.

A segunda parte da obra será a que se centre en remodelar o tramo de beirarrúa da Avenida da Mariña comprendido entre a Casa do Mar e o acceso ao Auditorio. O pavimento que tiña ata o de agora estaba moi deteriorado, afundido en varias zonas, polo que o paso de peóns e a circulación de carros de bebés ou cadeiras de rodas facíase moi complicada. Para suprimir obstáculos e barreiras arquitectónicas, substituirase o pavimento actual por outro que segue a estética do resto da obra.

Tendo en conta ademais que a beirarrúa ten que soportar o paso diario dos numerosos vehículos que acceden aos aparcamentos da Casa do Mar e do edificio do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, o material utilizado ten que ser resistente e duradeiro para evitar que a beirarrúa volva a estragarse e afundirse en breve.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -