_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación de Deportes abre o prazo de solicitude e renovación do carné para a temporada 2014/15

A Fundación Municipal de Deportes abriu onte, 1 de setembro, o prazo para solicitar e renovar o carné para para a realización de actividades deportivas municipais durante a temporada 2014/15. As taxas serán as mesmas que as do ano pasado, con bonificacións para maiores de 65 anos, menores de idade e tamén para os carnés familiares e individuais cuxos titulares dispoñan de ingresos inferiores ao IPREM do ano en curso. O trámite pode realizarse nas dependencias da Fundación, no multiusos de Fexdega, de luns a venres e en horario de 9 a 14 horas.
02.09.2014.- Segundo as taxas aprobadas o curso pasado e que se manteñen para a temporada que comeza no mes de outubro, o carné familiar terá un prezo anual de 60 euros, mentres que o bonificado será de 50. O carne individual sénior custará 45 euros, mentres que o bonificado obterase por 30. Ademais, mantense o carné xóven por 30 euros por ano, cantidade similar que custará a tarxeta para menores de idades e tamén para maiores de 65 anos.

Os formularios de solicitude e de renovación do carné pódense imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal ou recoller na sede da Fundación. Neles indícanse os documentos e trámites a realizar.

A obtención do carné da Fundación permitirá aos seus beneficiarios participar de balde nas actividades deportivas de inverno que organiza o Concello. Tamén se pode optar por anotarse directamente ás actividades desexadas sen ter o carné, para o cal deberán abonar a cota correspondente a cada actividade. O prazo de inscrición nas actividades ábrese o 15 de setembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -