_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Vintedúas organizacións amosan o seu traballo social na Festa do Voluntariado

A solidariedade amosa a súa mellor cara mañá, sábado 30 de agosto, na Festa do Voluntariado organizada pola Concellería de Xuventude e Voluntariado coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar e na que este ano participan 22 organizacións. Durante toda a mañá, as entidades amosarán ao conxunto da sociedade o traballo altruísta que desenvolven para axudar a diversos colectivos que presentan algún tipo de dificultade.
29.08.2014.- Talleres, actuacións e información son os ingredientes desta festa que ten como obxectivo achegar á poboación os programas e proxectos que desenvolven as entidades para que quen as necesite saiba a quen pode recorrer, e tamén para promocionar e recoñecer a importante labor do voluntariado, así como animar á practicalo en beneficio dos demais.

As asociacións que participan este ano na Festa do Voluntariado son no apartado de discapacitados: Asociación Bata, Por Dereito, Asociación de Disminuídos Psíquicos Con Eles, Lar Pro Saúde Mental, Asociación Galega de Linfedema e APACOS (Asociación de Padres del Centro Ocupacional de Saiar). No grupo de enfermidades e enfermidades crónicas estarán presentes AFASAL, Asociación Española contra o Cancro (AECC), AREVA, Ccanvihar e a Liga Reumatolóxica Galega.

O grupo de organizacións humanitarias compóñeno a Asociación Galega do Pobo Saharaui, Fundación Aldaba (menores), Cáritas Interparroquial de Arousa, Cruz Vermella do Salnés, Solidariedade Internacional de Galicia, Rede Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS) e Fundación Amigos de Galicia.

No apartado de axuda aos drogodependentes asisten á Festa a Fundación Galega Contra o Narcotráfico e Proxecto Home. Por último tamén participan no evento as organizacións de voluntarios da Asociación Protectora de Animais e Plantas e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía.


CRONOGRAMA

30 agosto. Praza de Galicia

10.30 h. Apertura da Cidade do Voluntariado. Inauguración. Mostra de Voluntariado a cargo das entidades de acción social de Vilagarcía.
A partir das 11.00 h. Exhibición e concurso canino
Obradoiros infantís
12.00 h.Exhibición de Protección Civil
13.00 h. Actuación do músico Gonzalo Arca
15.00 h. Remate
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -