_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As meigas repartirán polas rúas de Vilagarcía 540 litros de queimada e 3.000 rosquillas

Vilagarcía de Arousa, 29 de agosto de 2014.- Meigas, magos, trasnos, druídas e seres máxicos de toda índole regresan mañá, sábado, a Vilagarcía para celebrar a tradicional Noite das Meigas coa que se despide a programación festiva do mes de agosto. Distribuídas en nove poboados, as meigas farán o conxuro e elaborarán o elixir máxico da queimada que logo invitarán a probar a todo o que acuda a visitalas. Rosquillas e música completan a festa organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración de dez colectivos da cidade.
29.08.2014.- Coa caída do sol, bruxas, sapos e curuxas tomarán o centro de Vilagarcía para celebrar ó aquelarre máis esperado do ano: o da Noite das Meigas. Os poboados prenderán a música e abrirán as súas portas a partir das 22:00 horas co obxectivo de ir caldeando o ambiente e iniciar os preparativos dos 540 litros de pócima. Para elo, cada poboado disporá de 60 litros de augardente e 10 quilos e azúcar ao que cada poboado engadirá o resto dos ingredientes máxicos para personalizar a elixir con graos de café, laranxa, limón e demais. A queimada servirase a partir da hora máxica da medianoite.

Para acompañar o brevaxe, ademais a organización repartirá de forma gratuíta 3.000 rosquillas que, igual que a augardente e o azúcar, corren por conta do Concello. Ademais, cada poboado agasallará aos visitantes cunha especialidade culinaria propia por deferencia de cada colectivo. O Concello tamén proporciona as taciñas de barro que se porán á venta a 1 euro para quen queira degustar a queimada no recipiente tradicional.

O emprazamento dos poboados é o de todos os anos. Automociones La Junquera e Protección Civil instalaranse na Praza de Galicia, e Os Remolóns en Castelao, á altura da farmacia de Bermejo. A Asociación Micolóxica A Cantarela establecerá o seu poboado na rúa Castor Sánchez, preto do club de Regatas; mentres que a asociación de Amas de Casa e Consumidoras O Noso lar colocaranse na Alameda. O colectivo de hostaleiros e comerciantes da Praza de España porá nestes xardíns o seu posto, e a Agrupación Malveiras de Carril montará o seu poboado na Praza do Castro. Zona Aberta instalarase na intersección da Baldosa con Rey Daviña, a asociación cultural Fontefría de Guillán montarán a festa na rúa Juan García e a asociación Nós de Sobradelo asentará a súa aldea entre a Praza de Galicia e a Rúa Rey Daviña, á altura de Zara.

A Noite das Meigas comezará ás 22:00 horas e chegada a media noite terá lugar na Praza de Galicia o espectáculo pirotécnico da Queima da Bruxa coa que abre o reparto da queimada.


A Noite do último sábado de agosto en Vilagarcía complétase co XIX Encontro folclórico Malveiras que se celebrará a partir das 22:00 horas na Praza da Peixería. Co título de “De Vila Nova de Sande a Vilagarcía” a agrupación de Carril organiza o festival no que, ademais do Grupo de baile tradicional Malveiras, intervirán Rancho típico Vila Nova de Sande e Grupo etnográfico A Buxaina de Vigo.

Tamén na zona do castro haberá música co concurso de grupos acústicos organizado polos hostaleiros da zona e que comezará ás 23:00 horas.

A oferta do sábado complétase coa segunda xornada da Feira das Tapas no parque Miguel Hernández en sesión de mañá (de 12 a 16 horas) e de tarde noite (de 20:30 a 00:30 horas).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -