_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O goberno reúnese esta semana coa adxudicataria da reforma do Parque Xunqueira para establecer o plan de obra

O goberno local manterá esta semana unha xuntanza coa empresa adxudicataria da obra de Reforma Integral do Parque da Xunqueira co obxectivo de establecer o plan de traballo a seguir nas vindeiras semanas. A reforma do céntrico parque vilagarcián é unha obra moi esperada debido ao mal estado no que se atopa o firme do paseo central e á necesidade de mellorar esteticamente o resto da zona de esparexemento. A isto sumaráselle tamén a dotación do solo de caucho na segunda zona de xogos infantís, cunha actuación que se desenvolve a través doutro proxecto.
26.08.2014.- Rematadas as Festas de San Roque e a piques de concluír as actividades de verán, Vilagarcía verá en breve como comeza un dos proxectos máis esperados: a Reforma Integral do Parque da Xunqueira. A obra adxudicada á empresa Construcciones Abal por importe de 318.762 euros finánciase a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación.

Na xuntanza cos responsables da obra e o técnico director da mesma, tratarse de establecer o plan de traballo máis apropiado para aminorar as típicas molestias que causan as obras, garantir a seguridade dos peóns nesta transitada zona mentres duren os traballos, e para tratar de que os prazos de execución sexan os máis breves posibles para evitar que os traballos entren na temporada de chuvias que demorarían máis o seu desenvolvemento.

O proxecto redactado polos técnicos do Concello prevé a substitución do actual pavimento do parque, moi deteriorado e levantado polas raíces das árbores, por outro de lousas de pedra granítica, nos paseos centrais, e de lastro de formigón nos bordos. A obra tamén inclúe a construción de bancadas, dotación de novo alumeado e mobiliario urbano, acondicionamento das canchas deportivas e mellora da ornamentación vexetal.

Caucho na zona infantil

Independentemente dista actuación, en breve comezarase tamén a segunda fase da mellora da zona infantil de xogos. Despois da instalación de firme de caucho e cambio das atraccións e instalacións no recinto máis próximo ao río, agora efectuarse unha actuación similar na zona de enfronte.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -