CULTURA
O “Ameixa Rock” pecha cartel para o festival do 12 de setembro en Carril A Asociación Cultural Ameixa Rock pechou a contratación do cuarto e último grupo para o cartel do festival “Ameixa Rock”, trátase de Agoraphobia, que comparte cartel con Prima Nocte, Skalopendra e Recambios Tucho. O festival, en cuxa organización colaboran o Concello de Vilagarcía e Superbock, celebrarase o 12 de setembro en Carril.
29.07.2014.- Agoraphobia é unha banda de rock procedente de Boiro, formada por cinco rapazas e que teñen no seu palmarés ter gañado varios concursos a nivel nacional como o “VodafoneYu Music Talent 2013” ou o “Son Rías Baixas 2013”, ademais de tocar con grupos da talla de Lori Meyers, Delorean, Russian Red, Heredeiros da Crus, etc.