_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Presentado o programa de San Roque 2014, no que todos os concertos serán gratuítos

Con marcado carácter oitentero en canto aos concertos se refire, a concelleira de Cultura, Rocío Llovo, presentou o programa de festas de San Roque 2014, cun notable adianto respecto doutros anos. Todos os concertos terán carácter gratuíto, haberá moita animación de rúa e unha novidade longamente esperada: a recuperación dos xigantes, o Xitano e a Xitana, que volverán a animar as alboradas. Tamén os hostaleiros de tres zonas participan organizando pequenos concertos. O actor vilagarcián Manuel Millán será o pregoeiro.
24.07.2014. Entre as xornadas Chillout na praia da Concha, a partir do día 4, e ata a Noite das Meigas, o día 30 se sucederán 26 días de actividades ininterrompidas nas que haberá de todo e para todos. Dende eventos gastronómicos como Viñagarcía, as Revenidas de Vilaxoán ou a Festa da Ameixa de Carril, ata actividades para os nenos, agrupadas baixo a denominación do Club dos Superroquiños, no que o teatro e os títeres pola mañá e o cine ao aire libre, pola noite, serán os referentes.

En canto aos concertos, comezarán o día 14 co grupo local de proxección internacional Cornelius. Ao día seguinte, no mesmo escenario, o parque da Xunqueira, actuará Xuso Jones. O día 17 será o turno de “La Edad de Oro del Pop Español”, con Alberto Comesaña, Pablo Perea, Joaquín Padilla e Chus Herranz. O día 19 actuará Roi Casal, e o 20 La Guardia, Danza Invisible e La Frontera se unirán arredor de “Noches de Rock & Roll”. Haberá tamén outros pequenos concertos, uns organizados polo propio Concello e outros polos hostaleiros da Baldosa, de Méndez Núñez e do Castro. A Duendeneta tamén fará acto de presencia en distintos días, para rematar o día 24 de agosto, data oficial de remate de San Roque, cunha gran esta de disfraces Flower Power.

Por suposto, San Roque 2014 contén igualmente a Festa da Auga, que este ano se presume multitudinaria ao coincidir en sábado, o Combate Naval, que camiña cara ós 130 anos, e o desfile de Carrozas, que encherá de luz e cor as principais rúas de Vilagarcía.

O programa poderá ser consultado dende a vindeira semana nun banner propio da web municipal e nos paneis informativos que se instalarán un ano máis en puntos estratéxicos da cidade. Entre o 4 e 5 de agosto confíase en que o programa en papel, de 48 páxinas, poida estar xa na rúa, a través dos locais hostaleiros e comerciais e a oficina de turismo.

Na presentación do programa, a concelleira de Cultura destacou o enorme esforzo que supuxo confeccionalo,tendo en conta as limitacións presupostarias, pero destacou a imaxinación para facer máis con menos e, sobre todo, a colaboración de distintos colectivos e persoas individuais para as de San Roque sigan sendo, como reza o seu eslogan, “as festas que queremos”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -