_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As Revenidas se celebrarán do 22 ao 24 DE agosto cun cartel netamente galego e unha homenaxe ao momento bravú

A Festa das Revenidas de Vilaxoán, que este ano cumpre onde edicións, se celebrará os días 22, 23 e 24 de agosto, coincidindo co final das festas de San Roque. Será con todos os ingredientes habituais, dende sardiñadas populares ata maxia e circo de rúa, pero tamén cunha serie de concertos que teñen como eixo o seu carácter netamente galego e unha homenaxe ao movemento bravú.
22.07.2014. Heredeiros da Crus e Diplomáticos de Montealto con as cabezas de cartel deste festival que, en palabras do director do Agadic, Jacobo Sutil, é hoxe “un referente da cultura galega”. Como todos os anos haberá sardiñada popular, teatro e circo, animación de rúa, e ata charlas divulgativas na praza de abastos. Tamén actos en defensa do pobo saharaui e as xa clásicas camisolas conmemorativas deseñadas por Caramuxo.

O programa completo xa pode ser consultado na súa integridade na páxina da festa, http://www.revenidas.com . Tamén dende esta mesma web pódense adquirir os abonos para os concertos, con ofertas especiais para os primeiros que o fagan e para os que queiran disfrutar dos tres días de actividades.

Na presentación, o representante da asociación organizadora, Bobi Boullosa, agradeceu o apoio das institucións, como o Concello, a Deputación e a Agadic da Xunta de Galicia, pero tamén das entidades privadas que apostan polas Revenidas, con especial mención de Martín Códax e Gadisa. Boullosa explicou que haberá dous escenarios e que, como novidade, este ano as Revenidas convocaron un concurso para novos talentos musicais.

Pola súa banda, o director da Axencia Galega de Industriais Culturais, Jacobo Sutil, significou o carácter “diferente” das Revenidas e subliñou o feito de que o cartel sexa cen por cento galego, co todo o que iso significa para a economía do país e tamén para a promoción turística de Vilaxoán e de Vilagarcía de Arousa. Igualmente, o pulo que supón para a necesaria colaboración entre entes públicos e privados.

Pola súa banda, o alcalde, Tomás Fole, incidiu na importancia das Revenidas dentro do panorama turístico e festivo do Concello, de aí o seu decidido apoio á organización, a quen felicitou polo traballo feito.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -