CULTURA
Carlos Blanco, Luis Zahera, Sara Escudero e Beatrizo Rico protagonizan o Festival do Humor de outubro no Auditorio “Lo que con risas comienza, bien acaba”. Con esta cita comezou a concelleira de Cultura, Rocío Llovo a presentación do festival do Humor de Vilagarcía que se desenvolverá os venres do mes de outubro no Auditorio. A proposta promovida por Rababiero Producciones componse dun atractivo cartel composto polos humoristas Carlos Blanco, Luis Zahera, Sara Escudero e Beatriz Rico. Unha oferta de moita calidade e a prezos moi asequibles, xa que entrada individual véndese a 7 euros e o bono para asistir as catro representacións, terá un custe de 20 euros.
18. 09. 2013.- O representante da promotora, Santiago Segret definiu o cartel como “moi competitivo e de moita calidade” xa que o compoñen catro grandes humoristas e monologistas de recoñecemento nacional. Trátase de catro estilos diferentes de entender e representar o humor e que veñen avalados polo éxito de público noutras cidades e capitais de provincia.
O ciclo comezará o venres 4 de outubro e, para inaugurar o Festival do Humor, nada mellor que facelo con alguén da casa, neste caso con Carlos Blanco “o humorista máis en forma de Galicia, ao nivel doutros grandes como leo Harlem ou Dani Mateo, e todo un referente da ironía e retranca galegas”. Ademais, Blanco vén de pechar con moito éxito as súas representación no Teatro Colón de Madrid.
A xoven Sara Escudero protagonizará o espectáculo do venres 11, unha actuación que a monologuista espera con interese xa que precisamente foi en Vilagarcía onde fixo a súa primeira intervención en solitario hai xa uns anos. Cualificada como a herdeira de Eva Hache, Escudero é a vencedora da última edición do Club de la Comedia e xa leva cinco temporadas colaborando na Paramout Comedy. Fai un humor feminino, con moita forza e frescura.
O venres 18 subirase ao escenario do Auditorio o actor Luis Zahera, o entrañable “Petróleo” da serie Mareas Vivas. O humor de Zahera podería cualificarse como de surrealismo puramente galego que recolle os típicos tópicos nun espectáculo que se estrutura como unha terapia de monólogo na que se mira a si ismo e fala da súa familia, das súas experiencias vitais e das anécdotas do desembarco dun galego en Madrid.
O Festival do Humor pecharao a actriz Beatriz Rico o 25 de outubro co seu espectáculo con tintas de cabaret “Mejor viuda que mal casada”, destinado “a mulleres intelixentes e sen complexos e a todo tipo de homes”. Trátase dun espectáculo picante e o único do ciclo que non está recomendado a menores de 16 anos.
Prezos reducidos e sorteo dunha noite de hotel
A productora garante hora e media de risas e diversión en cada un dos espectáculos aos cal se poderá asistir polo módico prezo de 7 euros. Ademais, existen a posibilidade de adquirir un bono para as catro funcións polo prezo reducido de 20 euros. O bono non é nin persoal nin intransferible, polo que pódese comprar entre varias persoas e repartir a asistencia aos espectáculos. Ademais destas facilidades, a promotora tamén sorteará entre as persoas que adquiran os bonos unha noite de aloxamento para dúas persoas no Hotel NH da Coruña, de catro estrelas. Os bonos xa se poden adquirir a través de servinova ata o día 26 de outubro. A partir desa data só estarán á venta no pub Hibernia e no Café Café. As entradas individuais poranse á venta a partir do 26 de outubro a través de servinova.