_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O venres ábrese o prazo de inscrición no desfile concurso de disfraces do Martes de Entroido

A Concellería de Cultura abre o venres, 1 de febreiro, o prazo de inscrición no desfile de disfraces do Martes de Entroido. O departamento que dirixe Francisco González estableceu un total de 12 premios (seis para a categoría de adultos e outros seis para a infantil) dotados coa suma total de 3.000 euros. As persoas e colectivos interesados en participar deben inscribirse no Auditorio, en horario de 9 a 14 horas dende o 1 de febreiro ata as 12 do mediodía do martes 12, xornada na que se celebra o tradicional desfile.
30. 01. 2013.- O desfile do Martes de Entroido de Vilagarcía é un dos máis importantes da provincia tanto polo número de participantes como pola espectacularidade dos disfraces que se presentan ao concurso. En sintonía co clima propio do Carnaval, o evento non é un simple desfile de disfrazes senón que pretende ser unha festa e un motivo de diversión tanto dentro do propio desfile como no que este transmita aos milleiros de persoas que abarrotan cada ano as rúas de Vilagarcía para presencialo. De aí que entre os criterios que terá en conta o xurado á hora de emitir o seu fallo atópanse ademais da orixinalidade, laboriosidade e espectacularidade dos disfraces, aspectos como a animación, espontaneidade, interpretación e ambientación musical.

Estes criterios veñen recollidos nas bases que rexerán o desfile concurso e nas que se establece outros aspectos a ter en conta como a prohibición de participar con animais vivos ou o de realizar o percorrido completo (para o cal se establecerán controis en distintos tramos). Ademais, os grupos que participen cun vehículo, carroza ou artefacto de grandes dimensións deberán notificalo previamente á organización a efectos de organizar a saída e disposición dos memos. O xurado estará composto por persoas relacionadas coa música e a cultura, xornalistas e os premios poderán quedar desertos se así o estima o xurado.

Na categoría de adultos establécense seis premios nas modalidades de: mellor disfraz colectivo ou de grupo (dotado con 600 euros), mellor disfraz de parella (300 euros), mellor disfraz individual (200), disfraz máis orixinal (300), mellor animación de rúa (300) e mellor interpretación (300 euros).

Na categoría infantil (ata 14 anos) tamén se concederán seis premios. Son os de Mellor disfraz colectivo (dotado con 400 euros), mellor disfraz de parella (100), mellor disfraz individual (50), mellor acompañamento (150), mellor interpretación (150) e disfraz máis orixinal (150 euros).

O desfile sairá ás cinco da tarde dende a Rúa Alexandre Bóveda (fronte a praza de Abastos) onde tamén está previsto que conclúa. Os premios faranse públicos sobre ás oito e media da tarde no Baile de Entroido e a entrega realizarase a partir do xoves 14 de febreiro nas dependencias da Concellería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -