_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O colectivo Habelas preséntase en sociedade cunha exposición multidisciplinar na Sala Rivas Briones

A sala de exposicións Antón Rivas Briones acollerá a partir do venres a mostra coa que se presentará en sociedade o colectivo Habelas, unha asociación composta por un grupo de mozas e mozos interesados polas artes. Trátase dunha exposición multidisciplinar na que vintenove autores de Vilagarcía e da súa contorna amosarán traballos de pintura, escultura, fotografía, curtametraxes, deseño e miniaturas.
Na exposición que se inaugura o venres, 25 de xaneiro, pola tarde poderanse ver obras de mozos vilagarciáns, de Cambados, Santiago, Vilanova, O Grove, Coruña, Cambre e ata de un de Los Ángeles. Son Carlos Cambre, José Chazo, Aitana Vidal, Azalea, Ann, Haya Blanco, Olmo Blanco, Olalla Buceta, Xurxo Durán, Miguel Gabín, Deif Lou, Nesti, Amelia Palacios, Iria Ribadomar, Bandín, Noelia Toledano, Hermes Torres, Diego Vites, Suso Gómez, Rafael Padín, Bruno Varela, Markos Horro, José María Picón, Óscar Piñeiro, Víctor Tojo, Eloy Puga, Pablo Cacheda, Joan Ríos, Alba Pérez e Eva Núñez.

O colectivo Habelas creouse o pasado verán como foro ou punto de encontro de mozos e mozas con inquietudes artísticas de toda índole. Os seus compoñentes non se dedican de xeito exclusivo ao arte, pero si crean e teñen moito interese tanto en amosar as súas obras como en poñer en marcha e desenvolver proxectos e actividades que promovan e incentiven a expresión artística. Habelas quere ser un colectivo aberto a todos aqueles que teñan estas mesmas inquietudes, por iso nace como un punto de referencia ao que poda recorrer calquera que desexe facer cousas neste camiño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -