_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“Snakizados” presenta as cómicas e paradóxicas situacións do día despois do fin do mundo

A compañía Áncora Produccións propón para a vindeira fin de semana unha curiosa e divertida viaxe ao día despois ao fin do mundo a través de “Snakizados”, a súa última montaxe. Esta curiosa comedia protagonizada por Gustavo Pernas Cora conta cunha coidada e impresionante escenografía que consegue meter ao espectador no caótico escenario do día despois da hecatombe mundial. Outro dos alicientes desta sorprendente obra escrita por Pernas é que a dirección corre da man da vilagarciana Ánxela García Bravo.
19. 11. 2012.- “Snakizados” represéntase o sábado, 24 de novembro, a partir das 21:00 horas no Auditorio. A obra inclúese na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios posta en marcha pola Agadic en colaboración coa Concellería de Cultura. As entradas custan 4 euros e pódense adquirir de xeito anticipado a través da web http://www.servinova.com e da billeteira telefónica 902 504 500 e o día da función no Auditorio a partir das sete da tarde.

Sinopse

"Snakizados" é a terceira parte da triloxía Tres Logomonos, escrita por Gustavo Pernas Cora. A obra conta en clave de humor como despois do día da gran deflagración, da fin do mundo, só quedan anacos. Anacos de distintos seres, anacos de memoria do que fomos, refugallos industriais e domésticos, imaxes rotas, conversas interrompidas, interferencias, enerxías cruzadas...Como recompoñer o que destruímos? O protagonista da obra, "Magma", teima en parir un novo ser, un monstro reciclado, animal, vexetal, metal...? A criatura incúbase a un ritmo trepidante... lotia por ser ou non ser nun diálogo delirante con nai Terra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -