_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Festa da Auga presenta unha imaxe con moita forza para a edición desta ano

As camisetas oficiais da Festa da Auga 2012 teñen este ano máis forza que nunca. De feito, a imaxe presentada pola comisión Auga que non has de beber representa nun colorido fondo vermello ao home forzudo do circo cargando dous caldeiros de auga. O deseño é obra da xoven vilagarciana Nuria Díaz e as camisetas xa se poden adquirir a 10 euros no posto que a comisón organizadora montou na baldosa. Hai camiolas de todas as tallas e ata bodies para bebés. Tamén se venden bolsas impermeables e colgables para levar o móvil e outras pretenzas durante a festa, a 3 euros.
10. 08. 2012.- A presentación da imaxe oficial da Festa da Auga tivo lugar nun acto celebrado na propia Baldosa e que contou coa ambientación musical do grupo Perkutone, que foi quencendo motores para o gran día, a mañá do 16 de agosto e despois do traslado da imaxe do santo dende a igrexa parroquial ata a capela de San Roque.

O voceiro da comisión recordou ós asistentes o sentido da festa “É una festa que naceu n avila de manera espontánea, na rúa, para grandes e pequenos e queremos recordar a todos que a festa comeza as 12.00 da mañá, despois do pregón inaugural.” Asimismo pediu respecto no paso do santo San Roque “é de vital importancia respetar ó paso do Santo. Rógase civismo e respeto no percorrido ata a capela de San Roque. Pedimos á xente non tiren auga durante o percorrido. Polo ben da Festa”

O voceiro tamén recordou que é ás 12.00 da mañá, entrado o santo na capela e soado o Himno Galego, cando comeza a festa. Sempre despois do pregón que a inaugura co primeiro caldeirazo. A este respecto misterio e sorpresa “Non podemos dicir todavía quen será o personaxe como ven sendo habitual que subirá á grúa pero estamos seguros que será recoñecido por todos”.
Para máis información e aportacións podes visitar FESTA DA AUGA en Facebook.
https://www.facebook.com/augaquenonhasdebeber

Sobre Festa da Auga
A FESTA DA AUGA nace na rúa da Baldosa o 16 de agosto de 1982 de manera espontánea. Non é ata o ano 1992 cando o Concello de Vilagarcía de Arousa dalle oficialidade ata converterse en Festa de Interese Cultural na actualidade.
Sobre Auga que non has de beber
Auga que non has de beber ten como finalidade promover a Festa da Auga dende as súas tradicións colaborando no desenvolvemento de actividades vencelladas á mesma. Pretende dar continuidade á labor voluntaria iniciada por un grupo de cidadáns que contribuiu á celebración e recoñecemento desta festa dende os seus inicios, coa xestión, entre outras, da imaxe da festa, do pregón incial e dinamización e animación da mesma. Baixo a premisa da Festa da Auga como "a festa sen dono, do pobo e para o pobo", entende a súa actividade nun marco de colaboración e coordinación voluntaria co Concello de Vilagarcía de Arousa na xestión e organización dunha Festa símbolo da vila."

Sobre Nuria Díaz:
Desde ben pequena, recórdase sempre cun lápiz na man, razón pola cal decidiu encamiñar o seu futuro profesional cara ó mundo da arte e a creatividade. Logo de licenciarse en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2006, comeza a súa formación no eido do deseño gráfico realizando varios cursos e un máster de Arte e Comunicación en Santiago de Compostela, cidade onde vive e traballa. Durante a súa traxectoria profesional adicouse á infografía periodística , á maquetación editorial e ó deseño gráfico. Actualmente traballa como freelance en ilustración editorial e publicitaria. Boa parte da súa producción está adicada á realización de proxectos xunto ó poeta vilagarcián Juan Carballo, desde o ano 2005, formando unha relación artística consolidada. Ten recibido numerosos premios de banda deseñada e debuxo a nivel galego. Un dos máis recentes é o VII certame de ilustración Pura e Dora Vázquez, da Deputación de Ourense.

Sobre PERKUTONE

"La Tierra sin mal" dá nome ao primeiro disco deste trío de percusión nacido tras un longo traballo de investigación acerca da fusión entre a percusión da india, a afrocubana e a do jazz.A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estruturas e melodías típicas de estándares do jazz e do latin-jazz así como composicións propias cunha importante carga de improvisación feitos unicamente con instrumentos de parches como son as táboas, as tumbadoras e a batería.Toño Rodríguez, director do proxecto, é o encargado de tocar as melodías cun set de 5 tumbadoras. Vikas Tripathi ás táboas, e Noli Torres á batería son PERKUTONE.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -