_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
Igualdade organiza unha nova edición do obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar

A Área de Igualdade da Concellería de Traballo e Benestar organiza unha nova edición dos obradoiros infantís de cociña e tarefas do fogar “Ei tamén sei cociñar”. Corenta nenos e nenas de 6 a 9 anos de idade poderán participar na actividade que se impartirá entre o 1 de agosto e o 6 de setembro co obxectivo de promover e avanzar nos temas da igualdade e a corresponsablilidade. A actividade será de carácter gratuíto e desenvolverase nas casas da cultura de Bamio, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira e Cornazo. A inscrición pódese facer a partir do 18 de xuño no departamento de Igualdade.
15. 06. 2012.- A actividade enmárcase dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía, por unha parte na área de Calidade de vida, materializando o seu obxectivo 3 : “Visibilizar a sobrecarga de traballo que soportan as mulleres derivada da dobre xornada así como as súas consecuencias, e fomentar a corresponsabilidade” e por outra banda na área de Educación en Igualdade, de cara a consecución do seu obxectivo 1: “ Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de actividades formativas, de difusión e de sensibilización”

Tamén responde aos obxectivos propostos dentro do I Plan de Conciliación da vida persoal, familiar e profesional da cidadanía de Vilagarcía de Arousa, e que pretende que dende as administracións públicas se facilite a conciliación, non só a través da promoción da corresponsabiliadade social, senón tamén mediante a adecuación dos servizos ás necesidades da cidadanía.

A idea de dirixir a iniciativa ao sector da poboación de 6 a 9 anos é que a estas idades xa poden enfrontarse a realizar receitas sinxelas e a esta idade é máis fácil reeducalos e romper estes esterotipos sexistas.

Para acadar esta meta, solicitarase a colaboración dos pais e nais dos nenos que acudan ao obradoiro de xeito que esta labor educativa esténdase ao ámbito do fogar, desenvolvendo o neno ou nena na súa casa unha tarefa semanal que se lles será comentada no obradoiro, tal como poñer a mesa, facer as camas ou a lista da compra.

No curso os nenos e nenas aprenderán a realizar pratos básicos e sinxelos, a amasar pan, a facer pizzas e ata pasteis. Tamén aprenderán hábitos saudables, conduta na mesa, así como aspectos de organización como o de pensar nunha dieta equilibrada, a lista da compra, etc...

Os obradoiros impartiranse en horario de 10.00 a 13.00 horas e os a pedagoga e Axente de Igualdade do departamento municipal. Está dirixido a nenos e nenas de todo o municipio, aínda as sesións celebraranse nos centro culturais que dispoñen de cociña. Deste xeito, os luns, serán no centro cultural de Bamio, os martes no de Cornazo, o mércores en Trabanca Badiña e os xoves, en Trabanca Sardiñeira. En total ofértanse 40 prazas e serán os pais e as nais, ou as persoas responsables da nena ou neno, os que se encargarán do seu traslado ao centro e da súa recollida.

O prazo de inscrición será do 18 ao 29 de Xuño nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude e consultar as bases de participación. Toda esta información estará exposta tamén no taboleiro de anunicios desta web.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -