_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A revisión da Ordenanza de Circulación e Seguridade Viaria inclúe a creación da tarxeta de residente en zoas peonís

O goberno local elevará ao Pleno a proposta de revisión da Ordenanza Municipal de Circulación e Seguridade Viaria, co obxectivo de introducir novidades como a regulación da circulación nas zonas peonís, a creación da tarxeta de residente ou a axilización do procedemento de retirada de vehículos abandonados. A actualización da Ordenanza tramitouse con total celeridade co obxecto de dar cumprimento ao compromiso adquirido hai tan só dous meses polo Pleno en resposta á moción presentada polo grupo municipal socialista.
25. 04. 2012.- Un dos puntos demandados polos socialistas na moción aprobada no Pleno de febreiro era a ordenación da circulación e actividade nas zonas peonís, recollendo moitas das normas xa previstas no Código de Circulación da DGT para peóns e vehículos e que teñen como obxectivo garantir o tránsito seguro e correcto por parte duns e doutros (Art. 35). Tamén se recollen os criterios para regular o acceso de vehículos ás zonas peonís (taxis, vehículos de carga e descarga, ambulancias, coches de bombeiros, emerxencias ou seguridade, e mesmo transportes especiais para persoas con mobilidade reducida (Art. 40).

En vista das novas necesidades detectadas tras a creación das novas rúas peonís, outras das novidades propostas na ordenanza é a creación da tarxeta de residente, os requisitos para obtela e o período de vixencia (Art. 41, 42 e 43).

No relativo ás bicicletas, a ordenanza non prohibe a súa circulación polas zoas peonís. O que establece é que deberán facelo sen superar a velocidade dun peón, fixada en 10 quilómetros hora, a efectos de reducir riscos e molestias. Do mesmo xeito, tampouco e correcto dicir que se prohibirá aos peóns pararse facendo grupos nas beirarrúas, senón que “Os peóns non deberán deterse nas beirarrúas formando grupos, cando iso obrigue a outros usuarios a circular pola calzada” (Art. 35.7), norma de sentido común para garantir a seguridade como outras moitas recollidas no Código de Circulación e na Ordenanza como respectar as sinais lumínicas nos pasos regulados por semáforos ou non baixar dun vehículo en marcha.

Adaptación do texto á normativa en vigor
A revisión da Ordenanza aprovéitase para actualizar algúns aspectos que quedaran obsoletos e axustala á normativa actual de rango superior, sobre todo no apartado relativo ao réxime sancionador. Outras das novidades que se pretende incluír no texto para dar cobertura normativa a necesidades detectadas son a prohibición de publicidade no mobiliario urbano, sobre todo en sinais de tráfico xa que poden tapar as indicación creando situacións de risco para a circulación (Art. 8.4); así como a prohibición de coches con publicidade de venta como os que ocupan durante longos períodos de tempo prazas de aparcamento públicos (Art. 47. 21).

Para recoller as numerosas peticións realizadas pola cidadanía, a ordenanza tamén inclúe un apartado relativo aos denominados “gorrillas”. No artigo 10 establécese a prohibición de realizar a actividade de “aparcacoches” nas vías e terreos estacionamentos en superficie, consistentes en dar consignas, ofrecemento de vixilancia e custodia de vehículos aos conductores con motivo do estacionamento dos mesmos.

Por último, coa revisión da ordenanza tamén se establecen fórmulas para axilizar o procedemento de retirada de vehículos abandonados nas vías públicas (Art. 76). Con este cambio outórgase autoridade ao Concello, a través de la Policía Local, para retirar vehículos da vía pública, nos casos recollidos na ordenanza nos que se poida executar a acción sen necesidade de esperar a orde xudicial, un trámite que atrasaba en exceso a actuación.

Texto inicial que debe aprobar o Pleno
O texto que o goberno local elevará ao Pleno para a súa aprobación inicial na sesión ordinaria do vindeiro luns é unha proposta que pode recoller as achegas dos grupos da Corporación. De aprobarse, haberá un prazo de exposición pública para a presentación de suxestións ou alegacións. A ordenanza deberá pasar por segunda vez polo Pleno para a súa aprobación definitiva antes da súa publicación e entrada en vigor.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -