_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Vinte edificios de Rodrigo de Mendoza e Dr. tourón terán a auga cortada durante 7 horas na noite do luns ao martes

As obras de mellora do subministro de auga á cidade por parte da empresa concesionaria do servizo, Espina & Delfín, obrigarán a pechar o subministro parcialmente entre as once da noite deste luns e as seis da mañá do martes. As zonas máis directamente afectadas serán as da avenida de Rodrigo de Mendoza, nos números pares do 2 ao 30, aproximadamente, e a avenida do doutor Tourón entre os números, tamén pares, do 22 ao 30. En total son arredor de vinte edificios os concernidos: en Rodrigo de Mendoza, entre o aparcamento disuasorio da finda Douro e o cruce con Agustín Romero; e en doutor Tourón, entre a ponte do río do Con e o paso de peóns fronte a unha coñecida pastelería e panadería, é dicir, na contorna da glorieta da Mariña Española, da que parte, á súa vez, a avenida de Rodrigo de Mendoza.
03.06.2023. As obras, segundo explica a empresa, consistirán na instalación dunha válvula automática de control hidráulico e dun contador xeral de distribución, unha intervención, por tanto, moi similar á realizada recentemente na contorna do barrio dos Duráns. O feito de realizar as obras de noite trata de minimizar os trastornos que, sen dúbida, causa un corte de subministro de auga. O concello pide, por iso, desculpas pero tamén comprensión, pois –subliña- trátase de actuacións inevitables para ofrecer un servizo cada día maior.

PISOS ALTOS E ZONAS ELEVADAS, TAMÉN AFECTADOS
Neste sentido, dende Espina & Delfín advírtese que aínda que eses vinte edificios serán os máis afectados, non serán os únicos: os pisos máis altos do centro de Vilagarcía, ao igual que as zonas máis altas do municipio na contorna das obras, dende puntos de Cornazo ata a urbanización do Piñeiriño e incluso Vilaxoán ou Faxilde. Nestas zonas altas, os usuarios poderán notar unha sensible baixada de presión, e no peor das casos ata ausencia de caudal, pero en todo caso, unicamente entre as 23 horas do luns e as seis da mañá do martes.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -