_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música contará o vindeiro curso con 334 alumnos

Tras pechar o proceso de matriculación para o curso 2023/24 cun total de 334 alumnos, a Escola Municipal de Música Bernardo del Río dedica o mes de xuño a despedir a tempada realizando as actividades do ultimo trimestre. A partir do día 5 e ata o día 20, o alumnado e o profesorado pasarán polos escenarios do propio centro e tamén do Auditorio para protagonizar as audicións, festivais e concertos de fin de curso. Todas as actividades están abertas ao público con entrada de balde.
02.06.2023.- A semana do 5 ao 9 de xuño estará dedicada aos festivais dos educandos de Música e Movemento, os que teñen entre 3 e 7 anos. Do 15 ao 19 de xuño celebraranse as audicións instrumentais, onde o alumnado das distintas especialidades interpretará ante o público o mellor do seu repertorio, tanto no estilo clásico como moderno. Os festivais e audicións terán lugar na sala de concertos da escola, con entrada libre ata completar aforo. Os horarios poderanse consultar na web do centro.

O luns 19 de xuño terá lugar o concerto de solistas e o martes 20 de xuño o de agrupacións. Neste último participan os escolares do último curso de Música e Movemento que, tras a actuación, recibirán o diploma acreditativo de remate do ciclo. Ámbolos dous concertos terán lugar na sala principal do Auditorio Municipal ás 19:30h. coa entrada libre ata completar aforo.

Fin de festa co Clasclás

E como fin de festa, un ano máis, a Escola de Música participará no Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, no marco do programa “Clasclas a pé de rúa”. Os alumnos do centro xunto co alumnado do Conservatorio sairán á rúa para ofrecer un variado repertorio para o goce de todos os veciños e visitantes. Estes concertos levaranse a cabo os días 24 e 25 de xuño en distintos emprazamentos do centro da cidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -