_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Máis de 200 piragüistas reuniranse na Concha-Compostela para participar na II Regata da Liga Galega de Caiac de Mar

Vilagarcía acolle este sábado, 3 de xuño, a II Regata da Liga Galega de Caiac de Mar organizada pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa Fundación de Deportes do Concello e o Club Piragüismo Vilagarcía. Un total de 231 deportistas de 23 clubs de toda Galicia participarán no evento que estableceu as praias da Concha-Compostela como punto de partida das probas que terán tres saídas diferentes para as diversas categorías participantes.
01.06.2023.- A competición presentouse esta mañá no Concello nun acto no que participaron o alcalde, Alberto Varela, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea, o concelleiro de Deportes, Miro Serén, e o directivo do Club Piragüismo Vilagarcía, David Baños.

A regata comezará ás tres da tarde coa saída conxunta dos piragüistas das categorías de veteranos, sénior e xuvenil. Todos eles terán que cubrir unha distancia de 14 quilómetros, embocando dende o areal vilagarciá cara Rianxo e pasando entre as illas Malveiras e Cortegada. Ás cinco da tarde comezará a regata dos participantes na categoría cadete que, remando cara Cortegada, terán que cubrir unha distancia de 8 quilómetros. Os últimos en saír serán os rapaces da categoría infantil, ás seis da tarde, e cun percorrido a realizar de 3 quilómetros.

Na presentación, o alcalde sacou peito sobre a boa saúde da que goza o deporte en Vilagarcía, “algo que se demostra tanto pola cantidade e calidade de eventos e competicións deportivas que se desenvolven anualmente na cidade, como no número de clubs cos que contamos”. O rexedor incidiu na ampla oferta deportiva que existe no Concello, “onde prosperan moitos máis deportes que os denominados maioritarios, e entre os que se atopa o piragüismo”.
O presidente da Federación destacou que esta modalidade deportiva ten un forte peso en Galicia, comunidade que conta con 12 medalla olímpicas, un palmarés que confía seguir aumentando grazas á crecente incorporación de nenos e nenas ás bases dos clubs. Neste punto, agradeceu ao Concello de Vilagarcía o apoio que está a dar ao piragüismo, tanto na colaboración na organización de eventos, como en facilitar as condicións para esta práctica deportiva proporcionando unhas novas instalacións para o club local, “o que lles permitirá mellorar e seguir crecendo”.

Varela lembrou que conseguir unhas instalacións apropiadas para o club de piragüismo local era un compromiso adquirido polo seu goberno que está a piques de facerse realidade, xa que nuns meses rematarán as obras que o Concello está executando na nave do peirao do Cavadelo e que se destinará integramente aos deportes náuticos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -