_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
Un obradoiro de compostaxe e unha charla sobre economía circular abren o Reviravolta mañá na Praza de Abastos

Reviravolta, a campaña de fomento das estratexias de economía circular organizada pola Concellería de Promoción Económica, arranca mañá con dúas actividades a desenvolver na Praza de Abastos. Un obradoiro sobre a elaboración de compostaxe e unha charla sobre economía circular estrean o programa co que o departamento que dirixe Alba Briones pretende sensibilizar e formar á cidadanía sobre o consumo responsable e o comercio de proximidade co obxectivo de acadar un modelo de desenvolvemento sostible e máis respectuoso co medio ambiente. A campaña finánciase cos fondos europeos Next Generation a través do programa “Vilagarcía Viva”.
30.05.2023.- As actividades do Reviravolta están dirixidas tanto aos praceiros como ao público en xeral e realizaranse de forma amena, práctica e accesible a todo tipo de públicos. Desenvolveranse no primeiro andar da Praza de Abastos o mércores, xoves e venres desta semana e nelas abordaranse de xeito práctico diversas temáticas de aplicación cotiá moi doadas de executar.

A primeira xornada versará sobre a economía circular e o consumo responsable. O programa ábrese ás 10 da mañá coa charla impartida por técnicos da Asociación Galicia Ambiental, que serán os encargados de ofrecer aos asistentes a información básica necesaria para favorecer unha toma de decisións consciente e responsable á hora de facer a compra. Tamén falarán da opción dos produtos de proximidade como xeito de incidir no desenvolvemento da economía local e de fomentar un desenvolvemento sostible.

E ás 11 da mañá, os mestres composteiros do Concello impartirán un obradoiro práctico sobre como reutilizar os biorresiduos que xeramos nas nosas casas para elaborar o abono ecolóxico e, á vez, reducir a cantidade de lixo que desbotamos nos contedores convencionais.

As actividades do xoves e o venres versarán sobre as técnicas de conservación e aproveitamento de alimentos, a reutilización e a compra responsable.
Co Reviravolta, a concellería que dirixe Alba Briones pretende facer comprender á poboación que os pequenos xestos individuais tamén poden influír e axudar a frear eses grandes e nocivos procesos. Máis aínda, si se practican de forma xeneralizada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -