_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DROGODEPENDENCIAS
Máis de 300 escolares reflicten en cómics as súas reflexións sobre as consecuencias do consumo de bebidas alcohólicas

O SPAD de Vilagarcía vén de clausurar a última edición do seu programa de prevención do consumo de alcol entre a poboación xuvenil, que se desenvolveu durante nos meses de abril e maio nos centros de Educación Primaria dos concellos de Vilagarcía, Cambados e Meis. Algo máis de 300 escolares de 10 e 11 anos de idade participaron nos obradoiros informativos e elaboraron os cómics nos que reflectiron graficamente as conclusións obtidas a través da actividade que leva por título “TBO e non che creo”.
29.05.2023.- O programa promovido pola Área de Prevención do SPAD realizouse a través de varias sesións impartidas nos propios centros educativos por unha psicóloga. A través de actividades adaptadas ás idades do alumnado, fóiselles ofrecendo todo tipo de información sobre as consecuencias que ten o consumo de bebidas alcohólicas en idades temperás, tanto na saúde, como no comportamento de quen o consume, e a repercusión que isto pode ter, especialmente no que aos accidentes de tráfico se refire. Nas sesións tamén se abordaron os falsos mitos e crenzas erróneas que existen entre a xuventude en relación ao consumo de alcohol, como a suposta necesidade de beber para socializar ou encaixar no grupo. Tras o debate de todo o tratado nos obradoiros, os escolares reflectiron a aprendizaxe a través das viñetas dos cómics que eles meses confeccionaron, encargándose de crear as súas propias historias e ilustracións.
Os colexios participantes foron o Sagrada Familia, O Piñeiriño, Escardia, Rubiáns, Vilaxoán, A Lomba, Anexo A Lomba e Arealonga (todos de Vilagarcía de Arousa); o CEIP Mosteiro (Meis) e o CEIP Corvillón (Cambados).

Comezan a beber ao 14 anos

"TBO e non che creo" é un programa da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que se xustifica nos resultados obtidos na última enquisa do ESTUDES (a do ano 2021), realizada entre mozos e mozas de 14 a 18 anos. Do informe extráense datos como que o alcol é a substancia psicoactiva con maior prevalencia de consumo entre este sector da poboación, xa que o 53,6% dos participantes recoñeceu beber no último mes. A idade media de inicio en consumo é 14 anos, un dato preocupante para a saúde dos menores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -