_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A economía circular e o consumo responsable fomentaranse na Praza de Abastos cos obradoiros e as charlas do Reviravolta

A Praza de Abastos converterase a próxima semana no escenario no que se desenvolverá Reviravolta, a campaña de fomento das estratexias de economía circular que pon en marcha a Concellería de Promoción Económica a través do programa “Vilagarcía Viva”, financiado cos fondos europeos Next Generation. A iniciativa terá lugar os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño, e consistirá na realización de charlas e obradoiros prácticos dirixidos tanto aos praceiros como ao público en xeral. O obxectivo é sensibilizar e formar á cidadanía sobre o consumo responsable e o comercio de proximidade para acadar un modelo de desenvolvemento sostible e máis respectuoso co medio ambiente, dous dos grandes retos do século XXI a nivel global.
25.05.2023.- Co Reviravolta, a concellería que dirixe Alba Briones pretende achegar ao público a información básica necesaria para favorecer unha toma de decisións consciente e responsable á hora de facer as nosas compras, con medidas tan sinxelas como optar polos produtos a granel para evitar un consumo excesivo que, de xeito indirecto, deriva na sobreexplotación dos recursos naturais e a contaminación. A campaña pretende facer comprender á poboación que os pequenos xestos individuais tamén poden influír e axudar a frear eses grandes e nocivos procesos. Máis aínda, si se practican de forma xeneralizada.

As actividades a realizar durante estas tres xornadas versarán sobre as técnicas para conservar e reutilizar os alimentos, a identificación e elección de produtos orgánicos e de proximidade ou as medidas que podemos seguir para aforrar recursos, tanto alimenticios como enerxéticos. Por iso, tamén se falará e se practicará a técnica do compostaxe e a reparación de utensilios como formas de reducir os residuos, e se exporán as diversas alternativas ás que podemos recorrer para prescindir do plástico no uso cotiá, posto que se trata dun elemento moi contaminante.

As actividades serán impartidas pola Asociación Galicia Ambiental e, tanto as charlas como os obradoiros, realizaranse de forma amena, práctica e accesible a todo tipo de públicos. Como exemplo, nos obradoiros explicarase como ler as etiquetas para identificar correctamente os produtos que adquirimos e tamén se ensinará a elaborar e utilizar diferentes técnicas de conservación de alimentos, como a fermentación, o escabechado e os encurtidos.

As actividades correrán a cargo do presidente da Asociación Galicia Ambiental, Benito García; a bióloga especializada en Xestión de Desenvolvemento Sostible na UVIGO, Eva Quiroga; o técnico superior en Produción Audiovisual, Boris Roca; e os mestres composteiros do Concello de Vilagarcía, Ánxela Chenlo e Borxa Mexuto.


PROGRAMA DA CAMPAÑA REVIRAVOLTA

MÉRCORES, 31 DE MAIO. ECONOMÍA CIRCULAR E CONSUMO RESPONSABLE.
10:00-11:00 h. Charla: Aproximación á economía circular e ao consumo responsable.
11:00-11:30 h. Obradoiro: Compostaxe.

XOVES, 1 DE XUÑO. USO INTELIXENTE DAS TÉCNICAS DE APROVEITAMENTO DE ALIMENTOS.
10:00-10:45 h. Charla: Introdución ao proceso de fermentación e aos distintos tipos de fermento de froitas e hortalizas (láctico, acético e etílico).
- Diferenzas entre as conservas en escabeche e as fermentadas.
- Exemplos de fermentos (chucrut, kimchi, vinagre, verduras lácticas, viños de froitas…) e a súa adaptación á gastronomía galega.
10:45-11:30 h. Obradoiro práctico: Elaboracións con diferentes técnicas de fermentos e encurtidos de verduras e froitas.
- Proporcións, cantidades, utensilios necesarios, temperatura, medidas hixiénico-sanitarias, tempos de fermentación, posibles problemas, almacenamento.
- Degustación de alimentos fermentados.

VENRES, 2 DE XUÑO. COMPRA RESPONSABLE.
10:00- 10:30 h. Charla: Compra Responsable.
10:30- 11:10 h. Obradoiro: Accións cotiás.
Achegarase aos participantes unha relación de accións prácticas que poden realizar no día a día para promover un consumo responsable, dende a compra a granel ata o aforro de auga e enerxía no fogar.
11:10-11:30 h: Obradoiro de compostaxe.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2023  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -