_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
As festas de Santa Rita recuperaron o ton anterior á pandemia coas rúas abarrotadas de xente todos os días

As festas de Santa Rita veñen de deixar un excelente sabor de boca en Vilagarcía xa que, despois de tres anos, esta tradicional celebración recuperou o ton que tiña nos anos anteriores á pandemia. O goberno local amosou a súa satisfacción pola boa acollida de público que tivo a programación deseñada dende a Concellería de Cultura, así como polo excelente ambiente que reinou durante as catro xornadas festivas, nas que non se rexistrou ningún tipo de incidente pese á multitude de persoas que encheron as rúas da cidade e asistiron aos eventos. Neste punto, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, salientou o éxito de público que tiveron a verbena da orquestra París de Noia, o concerto de Revólver, a sempre concorrida Feira Celta e, noutro eido, os actos relixiosos do día de Santa Rita.
25.05.2023.- O executivo considera que o resultado das festas na honra da avogada dos imposibles constata que o modelo da romaría popular urbana que caracteriza a esta celebración é o acertado e o que os vilagarciáns queren para estas datas. Por iso o Concello continuará apostando por el, complementando os elementos máis tradicionais da romaría con eventos e actos lúdicos e culturais para todo tipo de públicos e gustos, como o concerto dun grupo de renome, a xa consolidada Feira Celta ou as verbenas, xunto con actividades infantís, o concerto da Banda de Música, actuacións folclóricas e torneos deportivos, entre outros.

A maiores do singular modelo das festas de Santa Rita, no éxito da edición deste ano influíron en gran medida dous aspectos: “as gañas que tiñamos os vilagarciáns de volver a celebrar estas datas ao grande, como antes da pandemia, e que as condicións meteorolóxicas nos acompañaron os catro días, algo que non acontece todos os anos”, sinalou a concelleira de Cultura, que lembrou que en 2022 houbo que cancelar varias actuacións e incluso a procesión debido ás tormentas.

Efecto dinamizador e retorno económico

A diferenza de entón, este ano desenvolveuse o 100% da programación e todos os actos e espectáculos contaron cunha elevadisima afluencia de público. “As rúas de Vilagarcía estiveron cheas de xente todos os días, non só na contorna de Vista Alegre e da Xunqueira coa Feira Celta, senón en todo o centro da cidade”, apuntou Outón para destacar o efecto dinamizador e o retorno económico que os eventos festivos teñen na economía local, “xa que tanto o comercio como a hostalaría local incrementan a súa actividade”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2023  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -