_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os colexios electorais de Vilagarcía disporán de pictogramas para garantir o dereito ao voto ás persoas con discapacidade

O dereito constitucional ao voto será totalmente accesible en Vilagarcía grazas á colocación de pictogramas informativos que facilitarán o proceso ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. A iniciativa, promovida a nivel estatal polo movemento Plena Inclusión e o Ministerio de Derechos Sociales, materialízase na cidade a través da colaboración entre a asociación BATA e o Concello de Vilagarcía. Tanto os pictogramas como a súa colocación fixéronse en base ás normas estandarizadas elaboradas por colectivos e organismos especializados.
23.05.2023.- En cada un dos colexios electorais que se constituirán o vindeiro domingo 28 de maio en Vilagarcía con motivo dos comicios municipais, haberá pictogramas de dous tipos. Os primeiros informarán sobre o uso das cabinas nas que os electores poden meterse para elixir con total privacidade a papeleta da candidatura á que desexen votar e introducila no sobre, garantindo así o dereito ao voto secreto.

Ademais, colocaranse sinais con pictogramas para informar do procedemento a seguir para exercer o voto na mesa electoral que corresponda ao elector, indicando que terán que amosar o DNI e entregar o sobre coa papeleta ao presidente da mesa.

As sinais foron creadas polo movemento asociativo Plena Inclusión, que agrupa a 935 entidades que loitan polos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e as súas familias. Os pictogramas foron avaliados polo Laboratorio de Diversidade, Cognición y Lenguaje de la Universidad de Sevilla en base á comprensión e percepción dos mesmos, segundo o estudo no que participaron 158 persoas con discapacidade intelectual de diferentes comunidades de España, todos maiores de idade, entre eles usuarios de BATA.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -