_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Iniciados os procesos para cubrir a praza de Técnico de Normalización e crear unha bolsa de Operarios de instalacións culturais

O Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha os procedementos para cubrir a praza de Técnico Medio de Normalización Lingüística e para crear unha bolsa de Operarios de instalacións culturais. En ámbolos dous casos as seleccións realizaranse seguindo o procedemento de concurso-oposición no que se valorarán tanto os méritos dos aspirantes, como a puntuación obtida no exame, que contará cunha proba teórica, tipo test, e un caso práctico. As bases de cada convocatoria están penduradas no apartado de Recursos Humanos da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). Os interesados en inscribirse nestes procesos aínda deberán esperar a que os anuncios sexan publicados no BOE, no caso da praza de Técnico de Normalización, e no BOP no da bolsa de emprego.
23.05.2023.- A praza de Técnico Medio de Normalización Lingüística corresponde á Oferta de Emprego Público realizada polo Concello de Vilagarcía no marco dos orzamentos municipais de 2022, tras quedar vacante o posto debido á xubilación do traballador que desempeñaba as funcións. Trátase dunha praza de funcionario do grupo A2 pertencente á escala de Administración Especial. Entre os requisitos específicos que se piden están contar coa Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou titulación en calquera outra licenciatura/grao, sempre que se dispoña do CELGA 5.


Por outra banda, o Concello de Vilagarcía recorre dende hai anos ás bolsas de emprego para cubrir as necesidades conxunturais de persoal que van tendo determinados servizos mediante a contratación de traballadores na modalidade de persoal funcionario interino. Dado que, na maioría dos casos, a necesidade é inminente (para a cobertura de baixas por enfermidade ou acumulación de tarefas en determinadas épocas), co obxectivo de axilizar os procesos de selección e contratación óptase pola creación de bolsas de emprego ás que poder recorrer. Ao estar xa realizados os exames e ter as listas de aspirantes segundo as puntuacións obtidas, a contratación é inmediata.

Os Operarios de instalacións culturais desta nova bolsa correspóndense á agrupación profesional AP grupo E.

Os interesados en concorrer a calquera destes dous procesos selectivos poden informarse dos requisitos a cumprir, temarios, sistema de avaliación e tipo de probas consultando as bases publicadas na sede electrónica do Concello de Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -