_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O prestixioso hispanista Ian Gibson súmase á nómina da terceira edición de “Vilagarcía, cidade de Libro”

Ian Gibson (Dublín, 1939) é unha das principais figuras da nova edición de “Vilagarcía, Cidade de Libro”, unha singular proposta literaria que en só tres anos xa se fixo un oco entre as iniciativas deste estilo que se celebran en España. Ian Gibson é un dos hispanistas de máis prestixio tanto a nivel nacional coma internacional. En xaneiro deste mesmo ano publicou “Carmen en Granada. Memorias de un irlandés”, unha autobiografía que lle serve para narrar a súa especial relación con Granada e con Lorca, pero tamén con España, da que quedou fascinado dende a súa primeira visita, ata o punto de que goza da nacionalidade española dende 1984.
Licenciado en literatura francesa e española polo Trinity College de Dublín, Gibson foi profesor das universidades de Besfast e Londres. En 1957 realizou a súa primeira viaxe a España, o que, unido a súa sedución pola obra de Lorca, que coñecera mentres estudiaba en Gran Bretaña, marcou definitivamente a súa vida, ata o punto de instalarse no noso país. Iniciou así unha prolífica obra que o levou a formar parte, con Paul Preston e Hugh Thomas, da tríada dos grandes hispanistas británicos do século XX que sentaron cátedra cos seus estudios sobre a Guerra Civil e o Franquismo.

Gibson estará en Vilagarcía o xoves 15 de xuño, para presentar o seu último libro e para asinar este e outros (as biografías de Lorca, Dalí, Machado ou Buñuel son ben coñecidas, como os seus traballos sobre a Guerra e o Franquismo: Paracuellos, Queipo de Llano, Calvo Sotelo, José Antonio...), pero tamén para compartir unha charla sobre literatura histórica cun vello coñecido dos vilagarciáns: José Ramón Alonso de la Torre. Profesor de Literatura e xornalista, actualmente afincando en Cáceres, Alonoso segue escribindo crónicas semanais sobre Vilagarcía e Arousa, como o vén facendo dende principios dos anos 80 cando compaxinaba a súa labor de profesor no instituto Bouza Brey con colaboracións en La Voz de Galicia. Nos últimos tempos, Alonso de la Torre ten publicado unha triloxía, “El peluquero de Franco”, que ten como transfondo histórico precisamente as mesmas etapas nas Ian Gibson centrou as súas creacións e investigacións.

A charla entre Gibson e Alonso promete ser, por tanto, un dos grandes atractivos da terceira edición de “Vilagarcía, Cidade de Libro”. Nos últimos días xa se anunciou a participación do escritor e rapeiro Rayden e nos vindeiros se informará sobre novas incorporacións, practicamente pechadas, con figuras moi coñecidas, tanto masculinas como femininas, do panorama nacional e galego. Ademais de sinatura de libros e charlas entre diversos autores, e como nas anteriores convocatorias, tamén haberá encontros cos escritores e escritoras, actividades de animación para pequenos e maiores, presentacións na Illa de Cortegada, venda de libros e outros actos culturais nos que os creadores locais terán tamén a súa presenza.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -