_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O concello pide á Xunta que habilite unha parada de transporte escolar na contorna da Escardia, como reclama a Anpa

O goberno local decidiu na súa última reunión apoiar a reivindicación da Anpa da Escardia para que no deseño da ruta de transporte escolar que vai dende A Torre ata o instituto do Carril se engada unha parada na contorna do propio colexio situado ao carón da estación de autobuses. A Policía Local, no seu informe, di que dende o punto de vista do tráfico esa parada en nada afectará, posto que por diante dela xa discorre percorrido do autobús escolar.
13.05.2023. A liña establecida pola Xunta ten as seguintes paradas: A Torre, O Ramal-Praia de Compostela, San Xosé, Praia de Compostela e IES do Carril. A Asociación de Nais e Pais do colexio da Escardia lembra que coa recente adaptación dos centros adscritos, os nenos e nenas que rematen sexto de Primaria terán que se desprazar ao Carril para proseguir os seus estudos de Secundaria. Posto que moitos deses estudantes viven na contorna do colexio, entenden que non tería moito sentido que tiveran que ir camiñando ou por outro medio ata a parada do Ramal, cando a habilitación dunha parada na contorna da Escardia en nada afectará, nin ao tráfico nin aos custes, posto que o autobús ten que pasar obrigatoriamente por esa zona.

Neste sentido, a propia Policía Local indica que o único que habería que facer sería unha modificación do panel adicional do sinal xa existente na parada de bus, a fin de engadir á reserva para o transporte escolar da mañá, a dos martes pola tarde.

O acordo da xunta de goberno local será trasladado ás consellerías de Educación e de Infraestruturas e Mobilidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -