_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela demanda ao presidente de Renfe a recuperación de todas as frecuencias do itinerario Vigo-A Coruña

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantivo onte unha reunión por vídeo conferencia co presidente de Renfe, Raül Blanco, co obxectivo de trasladarlle as necesidades da cidade respecto ao transporte ferroviario e de demandar melloras nos servizos que se prestan desde a estación de Vilagarcía, que da servizo á poboación de toda a comarca. As peticións do rexedor centráronse na recuperación da totalidade das frecuencias que existían antes da pandemia na liña A Coruña-Vigo, tal como demandan os usuarios da estación vilagarciá, e na posibilidade de reforzar as conexións entre a capital arousá e Madrid.
10.05.2023.- No que respecta ao eixo A Coruña-Vigo, fundamental para os usuarios da estación de Vilagarcía que, por atoparse a medio camiño entre unha e outra e, atopan no tren o medio de desprazamento perfecto para acudir ás universidades, centros de estudo e aos postos de traballo de cidades como a Coruña, Santiago, Pontevedra ou Vigo. Varela defendeu as súas peticións en que a de Vilagarcía e unha das estacións de Galicia con maior fluxo de usuarios, un dato que se veu incrementado máis aínda coa posta en marcha do bono gratuíto.

Recollendo a demanda destes usuarios, o alcalde comentou a necesidade de recuperar todas as frecuencias coas que contaba esta liña antes da pandemia e tamén axustar os horarios para que os vilagarciáns e resto de usuarios que proceden dos municipios da contorna poidan facelos compatibles coa xornada laboral ou estudiantil, con servizos a primeira e última hora da mañá e da tarde.
Neste punto Raül Blanco comentou que a intención do organismo é restablecer a totalidade das frecuencias anteriores ao Covid, e asegurou que xa se tiña coñecemento das demandas dos usuarios en canto aos horarios, asunto que os técnicos de Renfe están a estudar co obxecto de tratar de aportar solucións que beneficien a maior número posible de usuarios e de estacións.

En canto á liña de alta velocidade entre Vilagarcía-Madrid, o responsable estatal confirmou a boa acollida que tivo o servizo dende a súa posta en marcha e a evolución positiva rexistrada, con incremento constante de usuarios ao longo destes anos. Es resposta ao ben que está funcionando, o presidente de Renfe anunciou ao alcalde que a mellora que se está estudando para esta liña é a de ampliar a dispoñibilidade de prazas en cada servizo, chegando incluso a duplicar a oferta actual, dada a elevada demanda de usuarios cos que conta. Esta solución permitiría que moitos máis veciños de Vilagarcía e da contorna opten polos desprazamentos en tren para acudir á capital e tamén para recibir visitantes dende Madrid, aproveitando a comodidade e a curta duración que ten o traxecto que coa alta velocidade se cubre en pouco máis de tres horas de estación a estación e que no futuro podería reducirse aínda máis.

Varela lembrou que estas medidas farían que moitas máis persoas optasen polo tren en lugar de utilizar outros medios de transporte incidindo en que deste xeito seguiríamos avanzando no modelo de mobilidade sostible e de redución de emisións de CO2 que se promoven dende a Unión Europea, xa que o tren é un medio moito máis respectuoso para o medio ambiente que o avión ou os vehículos a motor.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -