_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Catro empresas presentan ofertas para realizar a reforma e mellora de accesibilidade do cemiterio municipal de Rubiáns

Un total de catro empresas concorren ao concurso público para a adxudicación das obras do proxecto para a “Reforma nas instalacións e pavimentos e rehabilitación de elementos construtivos no cemiterio municipal de Rubiáns”. A actuación promovida polo Concello de Vilagarcía ten como finalidade adaptar as instalacións ás actuais normas de accesibilidade e mellorar as condicións de uso das persoas que acoden diariamente ao cemiterio a visitar aos seus finados. Os traballos licítanse por importe de 220.000 euros a financiar a través do Plan Concellos 22/23 da Deputación Provincial e teñen un prazo de execución de seis meses.
10.05.2023.- Os obxectivos principais do proxecto son solucionar as diferentes problemáticas que presenta o camposanto, como a recorrente acumulación de augas que está deteriorando seriamente a capela e algúns puntos doas zonas de panteóns e nichos. Outro aspecto que mellorará é a accesibilidade dos peóns, cadeiras de rodas ou carros de bebés, que nalgúns casos se ve dificultada pola falta de consolidación do pavimento debido ao problema da acumulación de augas e á conseguinte aparición de fochancas. A maiores, a actuación proxectada inclúe outras medidas para mellorar o conxunto da instalación, como actuacións sobre a iluminación, o mobiliario urbano ou a xardinaría.

As obras a executar consisten na mellora dos corredores e a pavimentación da zona máis antiga do cemiterio. Estas dúas medidas centraranse nos dous traxectos perpendiculares nos que se ordena o camposanto, mellorando o tránsito entre a entrada principal, a capela e ou conxunto de panteóns familiares e xardíns. Tamén se consolidará o pavimento terreño de todo o cemiterio e se instalará un novo sistema de canalización de augas pluviais para reducir o impacto erosivo que teñen as escorrentías sobre elementos tan singulares como a capela e mesmo as tumbas. A intervención executarase tendo en conta unha futura ampliación do cemiterio no seu lindeiro occidental, así como a posibilidade de incorporar un acceso rodado a través da superficie que ocupa actualmente o invernadoiro municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -