_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía consolida a calidade das praias de Compostela e O Campanario coa renovación das súas bandeiras azuis

As bandeiras azuis coas que se distingue a calidade das augas e dos servizos das praias en Europa volverán a ondear este verán nos areais vilagarciáns da Compostela e O Campanario (Bamio). A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) fixo pública esta mañá a concesión dos distintivos concedidos este ano ás praias do litoral de toda España, entre as que se atopan as dúas dos areais vilagaciáns. Coa renovación dos galardóns a organización independente que se encarga de avaliar e auditar os areais premia o traballo realizado nos últimos anos polo Concello de Vilagarcía para continuar mellorando a calidade das praias do municipio.
04.05.2023.- O goberno local comentou ao coñecer a noticia que “a renovación das bandeiras azuis para as praias da Compostela e do Campanario representa para Vilagarcía unha excelente carta de presentación de cara a atracción de visitantes e para a promoción turística da cidade, a maiores do orgullo que para os vilagarciáns supón contar con estes recoñecementos de calidade nos nosos areais. A intención deste goberno é continuar mellorando os servizos e as instalacións para incrementar tamén o efecto de atracción de visitantes e para que os areais sexan un elemento máis de dinamización da economía local”.

Para o executivo local representa “unha enorme satisfacción” ter logrado os distintivos de calidade un ano máis, “meta para a que seguiremos traballando con novas actuacións e cos proxectos xestionados ante Costas para a eliminación do cadillo e a rexeneración e mellora de todos os areais do municipio, tanto os que contan coa bandeira azul, como para o do Preguntoiro, no que tamén queremos que volva a ondear o distintivo da ADEAC máis pronto posible”, expuxo o equipo de goberno.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -