_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello cuadriplica a superficie de estacionamento gratuíto no disuasorio da finca Douro

O aparcamento disuasorio da Finca Douro verá multiplicada por catro a capacidade de estacionamento que tiña ata o de agora grazas aos traballos que está a acometer o Concello de Vilagarcía. A ampliación da superficie habilitada para aparcar vehículos comezou hai dúas semanas e xa se ten duplicado o espazo dispoñible. Aínda que os traballos continuarán nos vindeiros días, o estacionamento volverá a abrirse a partir desta tarde para que os usuarios poidan ocupar as zonas xa acondicionadas. Unicamente prégase que non se estacione na rampla interior de entrada para non entorpecer o acceso dos camións e da maquinaria de obra que continuarán traballando a partir do luns.
21.04.2023.- Dado que está previsto destinar a aparcamento a meirande parte da finca, está prevista a apertura de novos accesos dende distintos puntos para facilitar a entrada e saída de vehículos por varias rúas, non só dende Rodrigo de Mendoza. Deste xeito tamén se contribúe a repartir o tráfico entre varías zonas en lugar de que conflúa todo por Rodrigo de Mendoza.

A Concellería de Obras e Sevizos que dirixe Lino Mouriño xa tiña previsto continuar ampliando o disuasorio da finca situada na avenida Rodrigo de Mendoza, pero a ocupación de parte do párking de Fexdega para a construción do tanque de tormentas por parte de Augas de Galicia acelerou os prazos. Coa ampliación da superficie para aparcar na finca Douro non só se recuperan as prazas perdidas temporalmente na parte dianteira de Fexdega, senón que se contará con moitas máis, xa que a intención do goberno local é poder utilizar o máximo de superficie posible da enorme bolsa de terreo.

A medida ofrece una solución práctica para os usuarios habituais do párking gratuíto de Fexdega, que poderán continuar aparcando na zona, xa que a Finca Douro sitúase a poucos metros, e tamén para os residentes en zonas próximas como Celso Emilio Ferreiro, As Bocas ou A Coca.. A maiores, cómpre lembrar que tamén está dispoñible o aparcamento posterior do recinto feiral.

No marco da política de creación de estacionamentos disuasorios de uso gratuíto que está a desenvolver o goberno local dende hai anos, aos xa habilitados sumaranse en breve o do Bosque de Desamparados e o segundo do barrio dos Duráns. Todos eles son froito da negociación realizada cos propietarios dos terreos (excepto o de Desamparados, que son terreos municipais) e que se materializa mediante a sinatura de convenios ou cesións gratuítas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -