_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello solicita á Xunta que aporte fondos para a reconstrución integral do terreo de xogo da Lomba

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, dirixiuse por escrito á Secretaría Xeral para o Deportes para solicitar financiamento para levar a cabo a reconstrución integral do terreo de xogo do campo municipal de fútbol da Lomba. Como xa se comentara o ano pasado tras consultar con especialistas en instalacións deportivas, a actuación ten un custe que superará os 600.000 euros, “un investimento difícil de asumir en solitario polo Concello”, de aí que se inste á administración autonómica a que colabore “aportando, como mínimo, o 50% do presuposto ou, como está a facer noutros municipios, o 70%”, expuxo Varela durante a visita que fixo este mediodía ao estadio da Lomba en compañía do concelleiro de Deportes, Miro Serén, e do presidente do Arousa, Manuel Abalo.
14.04.2023.- A visita, con motivo do que pode ser o último partido da tempada que o Arosa vai celebrar na casa, serviu para comprobar que, actualmente, o céspede presenta un estado óptimo, como recoñeceu o propio Abalo. Malia isto, tanto o alcalde como o presidente do club apuntaron que pese a todos os esforzos e os investimentos realizados polo Concello, os problemas regresarán cando volva a tempada de chuvias, como acontece dende hai case 20 anos. A única medida eficaz que sinalan os técnicos da empresa Calderón e Asociados para poñer fin esta problemática é levantar todo o terreo de xogo e reconstruír por completo a instalación en base a criterios técnicos da máxima calidade.

Segundo consta no estudo realizado pola firma (a mesma que fixo traballos similares no campo de Balaidos e na Cidade Deportiva Afouteza, do RC Celta, por poñer uns exemplos), a execución destes traballos permitiría arranxar a situación e garantir que o campo presente un estado óptimo nos vindeiros 10 anos.

O alcalde lembrou que nestes momentos a Secretaría Xeral para o Deporte ten a súa disposición unha boa suma de fondos europeos e tamén que Vilagarcía merece por parte do organismo que dirixe Lete Lasa un trato similar ao que lle está dando a outros municipios nos que está facendo investimentos millonarios en infraestruturas deportivas, mentres que na oitava cidade de Galicia a única achega realizada foi a dos 350.000 euros para a reforma do pavillón de Fontecarmoa cuxo orzamento ascende a 2.129.428 euros. “Vilagarcía merece investimentos acordes coa súa entidade, tanto por parte da Secretaría Xeral para o Deporte como dos restantes departamentos da Xunta”, sentenciou. Varela engadiu que o executivo local ten realizado importantes actuacións na Lomba nos últimos anos, como a renovación da cuberta, melloras nas instalacións e nos vestiarios e a renovación dos sistema de iluminación do terreo de xogo, “porque queremos contar cunhas instalacións modernas e óptimas para que xoguen os equipos locais, como o Arosa e o Atlético Arosana, e para continuar acollendo competicións de nivel nacional e internacional como as que imos a ter dentro de moi pouco”.

Neste punto, o presidente do Arosa agradeceu ao goberno de Varela os esforzos realizados para mellorar unhas instalacións “que son fantásticas e moi aprezadas pola Federación Galega, que sempre trata de celebrar aquí partidos importantes, e que sería inmellorables si puidésemos resolver os problemas da herba cando chove”. Abalo tamén comentou que resolvendo os problemas actuais do terreo de xogo, o club tamén terá maiores facilidades para fichar a xogadores de máis alto nivel “que moitas veces fíxanse neste tipo de aspectos para decidir si van ou non a un determinado club”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -