_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
FCC desiste do recurso contra a adxudicación do lixo, polo que o contrato con Urbaser firmarase nos vindeiros días

O Concello de Vilagarcía asinará nos vindeiros días o novo contrato para a prestación do servizo de “Contenerización, recollida e transporte de residuos, xestión do Punto Limpo e limpeza viaria” adxudicado a Urbaser. A tramitación pode continuar ao ter desistido FCC do recurso interposto ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal), razón pola cal o órgano dá por concluído o procedemento e levanta a suspensión do mesmo.
29.03.2023.- Aínda que o goberno local tiña plena seguridade de que o recurso se ía resolver de forma favorable para o Concello, tal el como argumentaban os servizos técnicos e xurídicos do municipais ao rebater as alegacións de Urbaser e ao garantir o correcto desenvolvemento de todo o proceso, o executivo acolleu con satisfacción a noticia do desestimento por canto suporá continuar coa tramitación, que a nova concesionaria poida comezar a traballar sen máis demora e que toda a veciñanza de Vilagarcía se beneficie canto antes das melloras previstas nos pregos.

FCC Medio Ambiente, unha das empresas que concorreron ao proceso de licitación do contrato da recollida de lixo e limpeza viaria, recorreu ante o Tacgal o procedemento de contratación o día no que se pechaba o prazo legal para facelo, o 21 de marzo. Tan só dous días despois, o 23, formula ante o mesmo tribunal desistencia expresa respecto ao devandito recurso. O desestimento presentouse por sede electrónica, polo que Tacgal non tomou coñecemento do mesmo ata o día seguinte, o venres, o mesmo no que estaba convocado o Pleno de urxencia no que, previo informe dos servizos xurídicos do Concello (Secretaría e Contratación) a Corporación desestimábase o recurso por parte da administración local e remitíanse os argumentos ao tribnal, o órgano competente para resolver.

Coa fin de semana polo medio, a comunicación do desestimento chegou ao Concello onte, xunto coa resolución do Tacgal declarado concluído o procedemento de recurso e, en consecuencia, levantando a suspensión do trámite de contratación que agora pode continuar con total normalidade.
De feito, os servizo de Contratación está traballando xa na preparación da documentación para que Concello e a empresa gañadora do concurso, Urbaser, asinen nos vindeiros días o novo contrato. A partir de aí e no prazo nos superior a un mes, deberá asinarse a acta de inicio por parte da empresa saínte, Cespa-Prezedo, o Concello e a nova adxudicataria. E a continuación Urbaser asumirá a prestación da recollida de lixo, limpeza viaria e xestión do Punto Limpo.

O montante total do contrato da recollida de lixo e limpeza viaria supera os 38,2 millóns de euros, ao adxudicarse por un prezo anual de 4.783.747 euros e cunha duración de 8 anos. Seis empresas concorreron ao concurso que se resolveu a favor de Urbaser.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -