_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Ministerio investirá preto de 6 millóns de euros na humanización dos 4,6 quilómetros vilagarciáns da N-640

A intervención que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana vai desenvolver no tramo vilagarcián da N640 cambiará por completo a imaxe e a forma tradicional de transitar pola que é unha das principais vías de aceso á cidade. O director general de Carreteras do Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, presentou este mediodía xunto ao alcalde, Alberto Varela, as liñas mestras da intervención a desenvolver nos 4,6 quilómetros da estrada que discorre entre as inmediacións da rotonda de Godos e a Praza da Constitución, en pleno centro urbano da cidade.
28.03.2023.- Ademais de humanizar o tramo completo e de habilitar carril bici, a actuación prevé reordenar o estacionamentos, crear unha rotonda na zona industrial de Rubiáns, incorporar elementos verdes e instalar medidas de calmado de tráfico de xeito que a estrada se integre de forma agradable e segura no entramado urbano e peóns e ciclistas teñan maior protagonismo.

Esta ambiciosa humanización aportará maior calidade urbana, ambiental, paisaxística e de seguridade na avenida de Pontevedra, avenida de Rubiáns, avenida das Carolinas, rúa San Roque e avenida Juan Carlos I, revitalizando así o ecosistema urbano. Ademais, mellorarase a coexistencia entre as persoas e os vehículos con medidas de pacificación e calmado do tráfico, e lograranse reducir as emisións de CO2, o ruído e os accidentes, avanzando cara unha mobilidade máis sostible. Para acadar estas metas, a intervención inclúe a ordenación de estacionamentos, ampliación de beirarrúas e de zonas de estancia, instalación de pasos de peóns elevados e o estreitamento dos carrís do tráfico rodado.

Fernández Palomino explicou que este proxecto responde a unha nova sensibilidade que está a adoptar o Ministerio á hora de deseñar as estradas, especialmente ás que, como a de Vilagarcía, discorren por zonas urbanas. Esta filosofía consistente en recuperar os espazos públicos para os peóns e en potenciar os medios de mobilidade alternativos garantindo a seguridade. “Es una nueva forma fe trabajo que ha adoptado el Ministerio de Transporte, que estamos potenciando con los fondos europeos Next Generation y del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia , y que ya hemos convertido en algo estructural".

Varela Paz agradeceu ao director xeral a súa visita a Vilagarcía para dar esta esperada noticia, pero especialmente “a súa disposición a escoitarnos e a atender as propostas que lle plantexamos dende a administración local polo coñecemento directo que temos das necesidades de Vilagarcía. Este proxecto non é froito dunha imposición, senón do trabalo conxunto entre o Ministerio e o Concello, por iso sei que vai ser a mellor actuación posible”.

Incidindo neste punto, o alcalde comentou que a execución desta obra permitirá resolver varios problemas, comezado pola adaptación desta arteria e comunicación ás necesidades e requirimentos da vía urbana que e que atravesa a cidade. O proxecto incluirá a construción dunha rotonda en medio da avenida de Rubiáns para mellorar o acceso dos camións ás empresas situadas nesta zona industrial. “Esta era unha vella demanda dos empresarios para evitar ter que percorrer toda a N-640 para poder dar a volta”, engadiu o alcalde que tamén adiantou que o Concello xa xestionou a obtención dos terreos por parte de empresarios, “algúns dos cales están dispostos a ceder gratuitamente dado o beneficio que lle reportará a glorieta”.

O proxecto tamén recolle a mellora da accesibilidade ao instituto Castro Alobre co ensanche da estreita beirarrúa coa que conta actualmente, e permitirá continuar coa tramitación do PXOM ao permitir contar co informe sectorial favorable de Carreteras do Estado, o que faltaba para poder aprobar inicialmente o documento no Pleno.

A exposición pública no segundo semestre

O responsable da Demarcación de Carreteras do estado en Galicia explicou que os prazos que manexan é que o proxecto do trazado desta actuación estea rematado durante o segundo semestre do ano para sometelo de inmediato a información pública. A continuación, e resoltas as alegacións, de habelas, procederase á redacción do proxecto construtivo e se sacarán a licitación os traballos. Os 5,74 millóns de euros (IVE incluído) no que se estima o custe da obra están asegurados ao afrontarase con cargo aos fondos europeos Nex Generation. Tal como tamén se pedía dende Vilagarcía, unha vez executada a intervención, a titularidade do vial será transferida ao Concello de Vilagarcía.

Demanda histórica

O rexedor apuntou que a humanización da N640 ao seu paso por Vilagarcía é unha demanda histórica que o goberno do Estado asume por completo cun proxecto ambicioso que atende ao demandado pola cidade, “algo que espero que serva de exemplo á Xunta de Galicia para que, dunha vez por todas, tamén eles arranxen como é debido as estradas da súa competencia e que son as outras vías principais de acceso á cidade, como Rosalía de Castro, as avenidas de Cambados e Vilanova e avenida de Agustín Romero”. Varela lembrou que “son actuacións que tamén levamos anos demandando sen que se nos faga nin caso. A última vez na toma de posesión de Rueda como presidente da Xunta, onde lle entreguei en man un dossier con todas as necesidades de Vilagarcía”.

Ademais do alcalde e do director general de Carreteras, na presentación desta mañá participaron tamén a subdelegada do Goberno, Maika Larriba, o responsable da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e un técnico do departamento estatal. Ao acto asistiron tamén varios membros do goberno local.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -