_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Cultura abre o prazo de inscrición para participar na Festa dos Maios

A concellería de Cultura vén de convocar unha nova edición da Festa dos Maios. Será o domingo 1 de maio, no Parque de Miguel Hernández, a partir das 11:30 horas da mañá, coa exposición dos traballos florais e a interpretación das cantigas satíricas. Os maios poden presentarse nas cinco categorías previstas: cónicos, artísticos, cruz de maio, caixa e barco e deben permanecer expostos ata as 20:30. Os interesados en participar xa poden facelo dirixíndose ás oficinas da Concellería de Cultura, sitas no Auditorio, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas. O prazo de inscrición ábrese hoxe e pecharase ás 13 horas do 17 de abril. En caso de choiva, a celebración trasladaríase á Praza da Peixería.
28.03.2023.- Como xa se vén facendo dende hai anos co obxecto de fomentar a participación e recuperar esta tradición popular galega, o certame non ten carácter competitivo, senón de exhibición, polo que todos os participantes recibirán un premio consistente nunha compensación económica e rosca. As contías oscilan entre os 150 e os 40 euros en función da categoría na que se participe, si o fan con copla ou sen ela e do número de participantes.

Así, nos "cónicos" e nos "artísticos", os premios serán: sen letra, 80 euros e rosca; con letra e cun mínimo de 10 persoas, 100 euros e rosca; con letra e máis de 25 persoas, 150 euros e rosca. No caso dos participantes que conten cun mínimo de 4 integrantes e presenten letriña, levarán e 40 euros e rosca na modalidade de cruz de maio e 30 euros máis rosca nas de caixa e barco. A estas tres categorías só se lles premiará con rosca no caso de que non presenten coplilla para interpretar.

A convocatoria está aberta a unidades familiares, colectivos (asociacións culturais, de mulleres rurais ou veciñais) e centros educativos, aínda que neste último caso só se pode inscribir ou ben a ANPA ou ben a dirección do centro. En todos os casos só se poderá presentar só un maio por cada modalidade. Aqueles que presenten as súas composicións acompañadas dunha letriña alusiva, deberán achegar unha copia na concellería que dirixe Sonia Outón antes do 1 de maio.

As bases do certame da Festa dos Maios e o formulario de inscrición pódense obter do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou da sede@vilagarcia.gal .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -