_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Vilagarcía e USC reeditan en abril os seminarios para maiores de 50 anos cun aforo que se amplía ata as 100 prazas

O cursos para maiores de 50 anos que a Universidade de Santiago de Compostela organiza en colaboración co Concello de Vilagarcía baixo o título de “Camiños do Coñecemento” regresan en primavera ao Auditorio Municipal. O programa desenvolverase entre o 17 ao 28 de abril e consistirá na impartición de tres seminarios de dúas xornadas cada un. As temáticas deste ano son Soidade non desexada, A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán e Para que serven os insectos? A novidade deste ano é que se duplica o número de prazas, ata un total de 100. A asistencia é de balde, previa inscrición que se poderá realizar ata o 10 de abril. As prazas cubriranse segundo orde de inscrición.
27.03.2023.- Os seminarios impartiranse na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal os días 17, 18, 25, 26, 27 e 28 abril en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas. A maiores da idade, os únicos requisitos para participar son residir en Vilagarcía ou en outro municipio do Salnés e comprometerse a asistir ás seis sesións. As persoas que completen a formación nos tres seminarios recibirán o correspondente diploma acreditativo.

Medios de inscrición

A inscrición poderá realizarse presencialmente, no rexistro xeral do Concello (de 8.30 a 14.30 horas) ou telematicamente, a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal), presentando debidamente cuberto o formulario específico que poden descargar do apartado de “catálogo de procedementos” propia sede. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Camiños do Coñecemento son unhas accións formativas organizadas pola USC destinadas a favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundindo o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50, de xeito que poidan continuar formándose e ampliando os seus estudos a través da propia universidade. O Concello de Vilagarcia colabora na iniciativa ao igual que co Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, implantado hai xa dous anos e que conta con sede permanente en Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -